domingo, 2 de noviembre de 2014

MATERIAIS PARA TRABALLAR O ACOSO NAS AULAS

A través da web Edu3.cat , atopamos a curtametraxe Bully Dance, de 10 minutos de duración, producido por UNICEF e a National Film Board of Canada.

É un bo xeito de iniciar un traballo de concienciación e prevención sobre o acoso, permite a reflexión sobre os procesos de victimización, o papel dos agresores, os cómplices e os observadores.

Na web Bullying. Maltrato entre alumnos, de Jordi Collell e Carme Escudé, faise unha proposta didáctica para traballar a partir da curta.

Aquí vos deixo unha adaptación da proposta didáctica que fixen para traballar co alumnado en titoría.  Os autores recoméndana para 3º Ciclo de Primaria, pero eu creo que pode utilizarse sen problemas en 1º e 2º de ESO. 

Edu3.cat

1


Os propios Collell e Escudé elaboraron esta guía para o alumnado de Secundaria.

Para traballar con alumnado de 3º e 4º e en grupos onde se dan episodios de acoso, podemos utilizar estes vídeos, para axudar á reflexión sobre o que está a pasar e propiciar unha proceso de reversión da situación.

Noisy en Crónicas de La 2:  Testimonio dunha víctima de acoso








No hay comentarios:

Publicar un comentario