viernes, 12 de diciembre de 2014

MALALA YOUSAFZAI E KAILASH STAYARTHI RECIBEN O NOBEL DA PAZ 2014

O pasado mércores, 10 de decembro, foi entregado en Oslo o Premio Nobel da Paz 2014 a xove paquistaní, Malala Yousazfai, e o activista hindú, Kailash Satyarthi. Este último pola súa loita contra a explotación infantil, encabezando a organización Marcha Global. Malala, segundo ela mesma manifestou na entrega dos Nobel, quere ser a voz dos rapaces silenciados do mundo que queren educación. Leva loitando a prol da educación para todos os nenos e, especialmente, nenas do mundo, dende que foi tiroteada polos talibáns en Paquistán, no ano 2012, por defender o dereito das rapazas paquistanís a ir á escola. Actualmente vive en Reino Unido e ten recibido numerosos premios pola súa defensa do dereito á educación, con voz firme, clara e contundente.
FONTE: RTVE
FONTE: NTN24

No hay comentarios:

Publicar un comentario