miércoles, 7 de enero de 2015

30 de XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O 30 de xaneiro celébrase  unha xornada educativa non gubernamental, fundada en España en 1964, polo poeta mallorquín Llorenç Vidal. O Día Escolar da Non Violencia e a Paz (DENEP) conmemora cada ano a morte de Mahatma Ghandi.

Este ano 2015 imos adicarlle este día no noso centro a Malala Yousazfai, recente gañadora do Premio Nobel da Paz 2014, xunto co hindú Kailash Stayarthi.  Malala Yousazfai tense feito merecedora deste importante premio pola súa defensa da educación dos nenos e nenas do mundo, especialmente as nenas.  Por este motivo, preparamos este material para traballar en titoría sobre Malala.




Tamén pode interesarche un resumo do discurso de Malala cando recolleu o Premio Nobel da Paz 2014 en Oslo, onde podemos comprobar a firmeza das súas conviccións e a forza das súas palabras.

Resumo do discurso de Malala ante a ONU: o 12 de xullo de 2013, data na que Malala cumpría 16 anos, subiuse ao Auditorio das Nacións Unidas en Nova Iorque para dar un emotivo discurso en favor da educación.

Resumo do discurso de Malala na cerimonia de entrega do Nobel da Paz 2014, o 10 de decembro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario