lunes, 12 de enero de 2015

BECAS PARA ESTUDIAR 1º DE BACHARELATO EN CANADÁ OU USA


A Fundación Amancio Ortega convoca 200 becas para estudiar 1º de Bacharelato en Canadá (100 prazas) ou Estados Unidos (100 prazas), durante o curso 2015-16.

Poden solicitalas o alumnado de 4º de ESO de centros educativos españois.

Obxectivos
  • Mellorar os coñecementos de lingua inglesa e a formación integral dos estudiantes
  • Potenciar a capacidade de adaptación e a aprendizaxe nun novo contorno

Requisitos:

  • Estar matriculado en 4º de ESO no curso 2014-15 nun centro do territorio español no momento de facer a solicitude.
  • Nota media de 7.5 en 3º de ESO
  • Nota final na asignatura de inglés en 3º de ESO, mínimo 8.
  • Ter nacionalidade española.
Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 9 de febreiro de 2015.  Os interesados deberán presentar o formulario de solicitude, xunto coa documentación requerida que poden consultar na web: becas.faortega.org





No hay comentarios:

Publicar un comentario