lunes, 12 de enero de 2015

BECAS BENJAMÍN FRANKLIN 2015


BOLSAS 

BENJAMIN FRANKLIN


A Embaixada de Estados Unidos en España selecciona un ou dous estudiantes españois, andorranos ou residentes en España ou Andorra, para particpar nos Institutos de Verán Benjamin Franklin.

Os estudiantes seleccionados participarán nun programa intensivo entre o 27 de xuño e o 25 de xullo de 2015 na Universidade de Wake Forest en North Carolina e/ou a Universidade de Purdue en Indiana.  Os 35 estudiantes de distintos países con 10 estudiantes americanos desenvolverán unha grande variedade de actividades:  seminarios, programas de servicio comunitario e voluntariado, viaxes de estudio e eventos culturais.

Dotación:  Todos os gastos (viaxe, aloxamento, manutención, seguro) irán a cargo do Departamento de Estado dos Estados Unidos de América.

Requisitos:

  • Ter entre 16 e 18 anos
  • Excelente coñecemento de inglés
  • Excelencia académica: nota mínima de notable  (7.5)
  • Participación en actividades de voluntariado
  • Carta de referencia
Prazo de solicitude:  ata o 27 de febreiro de 2015

Mais información e tramitación de solicitudes 
http://spanish.madrid.usembassy.gov/es/educacion/bf2015.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario