miércoles, 21 de enero de 2015

CONVOCADAS PROBAS PARA OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS



A Consellería de Educación ven de convocar probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, nas convocatorias de maio e setembro.

Quenes poden inscribirse: todas aquelas persoas que cumpran todos estes requisitos:

  • Persoas con 18 anos cumpridos o día anterior ó da realización das probas.
  • Persoas que non teñan o título de Graduado en ESO.
  • Persoas que non estean matriculadas en 4º de ESO nin en 2º curso dun PCPI.
  • As persoas matriculadas na Educación de Adultos para a obtención do título da ESO, debe consultar as condicións específicas que se requiren.

Prazo de matrícula:

Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.

Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.

Realización das probas: en horario de mañá e tarde:

29 de maio

9 de setembro



No hay comentarios:

Publicar un comentario