miércoles, 21 de enero de 2015

CONVOCADAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA PERSOAS MAIORES DE 20 ANOS


A Consellería de Educación ven de convocar probas para a obtención do título de Bacharel para maiores de 20 anos, nas modalidades de Humanidades e Ciencias Sociais e Ciencias e Tecnoloxía.

Quen pode presentarse:


  • Persoas maiores de 20 ou que os cumpran durante o 2015
  • Persoas que non estean en posesión do título de bacharel
  • Non estar cursando ensinanzas de bacharelato en calquera das súas modalidades ou réximes durante o curso 2014-15
Prazo de presentación:

Do 16 ao 27 de febreiro de 2015

Celebración da proba:

A proba celebrarase o día 24 de abril de 2015 en sesións de mañá e tarde no IES San

Clemente de Santiago de Compostela.














No hay comentarios:

Publicar un comentario