viernes, 27 de febrero de 2015

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN 2015



QUE É:  Os Campus Científicos de Verán son unha iniciativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.  Convócanse 1920 prazas pra participar en proxectos científicos deseñados por profesores universitarios.  Cada alumno participará nun proxecto de achegamento científico.


DIRIXIDO A:  Alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía

REQUISITOS:  
  • Estar cursando no curso 2014-15, 4º de ESO ou 1º de Bacharelato da modalidade de ciencias e tecnoloxía
  • Ter nacido con posterioridade o 31 de decembro de 1997
  • Ter obtido unha nota media igual ou superior a 7.5 no curso 2013-14
  • Non ter participado con anterioridade no Programa


OBXECTIVOS: O obxectivo principal é o fomento das vocacións científicas dos xoves estudiantes, a través do contacto directo coa actividade cotiá dos investigadores nun ambiente universitario.  Complementado con actividades culturais, deportivas e de ocio.

CANDO SE DESENVOLVE:  entre o 28 e o 25 de xullo de 2015, en quendas de 7 días.  Consulta os destinos posibles en distintos departamentos universitarios españoles na web do programa www.campuscientificos.es


QUE GASTOS ESTÁN CUBERTOS
  • O alumnado seleccionado deberá aboar 80€ en concepto de matrícula, así como os gastos de traslado (ida e volta) dende o lugar onde vive o alumno/a ata á cidade onde se vai desenvolver o Campus
  • A organización cubre todos os gastos derivados das estancias de verán: aloxamento, manutención, material, traslados internos, actividades complementarias.


 COMO E CANDO FACER A SOLICITUDE: 
  • A presentación de solicitudes para participar no Campus Científicos de Verán 2015 realizarase a través da páxina web do programa
  • A data límite para a presentación de solicitudes é o 20 de marzo de 2015

MAIS INFORMACIÓN: Páxina oficial do Programa


No hay comentarios:

Publicar un comentario