viernes, 6 de febrero de 2015

CHARLA DA ASOCIACIÓN AESLEME AO ALUMNADO DE 2º ESO

 Como cada ano, dentro do Plan de Acción Titorial, o alumnado de 2º ESO participou nunha charla da Asciación AESLEME, Asociación para o estudio da Lesión Medular Espinal.

Na fotografía vemos a Alfredo, que leva vindo ao noso centro, dende fai 7 anos, iniciando a charla.



Dentro dos seus proxectos de prevención de accidentes, teñen a campaña Te puede pasar, dirixida a alumnado de ESO, onde se abordan os seguintes tópicos:



  • Factores de risco: velocidade, alcol, distracións, caídas, zambullidas, accidentes deportivos...
  • Medidas preventivas:  uso de casco, cinturón de seguridade, reposacabezas,...
  • Normas básicas de actuación en caso de accidente
  • Consecuencias dos accidentes:  lesións mais graves e repercusións sociais e familiares. 
Como sempre a charla resultou moi impactante, polos vídeos e imaxes que se mostran.  Pensamos que pode ter efecto preventivo esperado.








No hay comentarios:

Publicar un comentario