miércoles, 4 de febrero de 2015

INÍCIASE O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2015-16


Nos meses de febreiro e marzo chega o momento para reservar ou solicitar praza para o curso 2015-16.

PRAZOS:

1 ao 15 de febreiro: alumnado procedente do centro adscrito

1 ao 20 de marzo:  alumnado que quere cambiar de centro.

No caso do noso centro, deberán facer reserva de praza no noso centro, do 1 ao 15 de febreiro, o alumnado do centro adscrito, CEIP San Roque,  Este alumnado ten preferencia sobre a solicitude de admisión de alumnado procedente doutros centros.

O alumnado doutros centros distintos do CEIP San Roque, ou que iniciara a ESO noutro centro e desexe cambiar para o noso, deberá facer unha solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.

O alumnado de 4º de ESO que quere iniciar Bacharelato ou calquera outro alumno matriculado no noso centro que desexe cambiar para outro, deberá presentar solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo, no centro onde desexe cursar estudios parar o vindeiro curso.  Só se pode presentar unha única solicitude de admisión.

Para saber mais, clika aquí









No hay comentarios:

Publicar un comentario