viernes, 27 de febrero de 2015

OS PAIS DE 6º DE PRIMARIA VISITAN O CENTRO




Continuando co Programa de Transición Primaria-Secundaria, onte, xoves 26 de febreiro, as familias do alumnado de 6º de Primaria do CEIP San Roque, adscrito ao noso centro, visitaron o centro.

A xornada desenvolveuse do seguinte xeito:

Primeiro, foron recibidos no Salón de Actos pola dirección e a orientadora do centro, onde se lles informou sobre as características do instituto, o seu proxecto educativo, así como as novidades da etapa que van iniciar os seus fillos e fillas; unha etapa, a ESO, que ven marcada pola implantación da LOMCE, o que suscitou moitas dúbidas e reflexións.

A continuación, e despois dunha pausa distendida tomando café, fixeron un percorrido polo centro para coñecer as súas instalacións.

E xa por último, volveron ao Salón de Actos, para asistir a unha charla coloquio, a cargo de Alberto Casqueiro  (na fotografía), sobre  "Adolescencia, normas e límites", para poñer sobre a mesa algunha das preocupacións das familias ante esta nova etapa persoal na que van entrar os seus fillos/as.

O Plan de Transición Primaria-Secundaria continuará no mes de xuño, coas xuntanzas entre os departamentos de orientación de ambos centros para poñer sobre a mesa as necesidades educativas do alumnado que se incorpora ao instituto e axustar a intervención educativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario