martes, 24 de febrero de 2015

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO CENTRO



Esta semana o noso centro, organiza as Xornadas de Portas Abertas para o alumnado e familias de 6º de Primaria do centro adscrito, CEIP San Roque.  Na foto, vemos ao alumnado de 6º, cos seus titores, X. Manuel Pazos e Romina, que visitaron hoxe o centro.

O xoves tócalle o turno ás familias.  Estas Xornadas, enmarcadas dentro do Plan de Transición de Primaria-Secundaria, teñen como finalidade facilitar o cambio de centro e etapa, informándolles dos cambios cos que se van a atopar o vindeiro curso.  Nesta ocasión, a información está centrada na implantación da LOMCE o vindeiro curso, que lles afectará directamente, xa que serán 1º e 3º de ESO, os niveis de ESO que se verán afectados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario