jueves, 26 de marzo de 2015

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2015

ACTIVIDADES DE VERÁN 2015

DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE 


Ata o 8 de abril de 2015 está aberto o prazo para solicitar praza nas Actividades de Verán que organiza a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.


A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

As actividades que se ofertan son:

  • Campamentos
  • Campos de Traballo
  • Actividades para mozos e mozas de 18 a 30 anos

QUENDAS IMPLÍCA-T

Novidade nesta Campaña de verán, as quendas IMPLÍCA-T, para mozos e mozas de 14 a 17 anos, engaden un compoñente máis activo e participativo, cunha programación que, ademais das actividades de ocio, incluirá outras que supoñen unha implicación real a través de accións que evidencien o seu compromiso e achega á sociedade, incorporando actuacións de voluntariado e participación como poden ser a limpeza de praias e outros espazos naturais, a colaboración activa na defensa contra incendios, a dinamización do Camiño de Santiago, a implicación cos colectivos máis desfavorecidos etc.

A finalidade é facilitar que os mozos e mozas adquiran e desenvolvan valores, actitudes e aptitudes como o compromiso, a responsabilidade, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo, a iniciativa, a comunicación... que, ademais, son altamente recoñecidos polos empregadores actuais.

MAIS INFORMACIÓN: Xuventude.net

FINALIZARON AS V XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

O martes 24 e o mércores 25 de marzo finalizaron as V Xornadas de Orientación Académica e Profesional que organizamos os institutos de Vilaboa, Moaña, Cangas e Bueu.  Este ano participou tamén como instituto invitado o IES Pedro Floriani de Redondela.  Fran, o orientador dese centro e que ata o curso pasado estivo destinado no IES Johan Carballeira de Bueu, elaborou un audiovisual que resume o acontecido durante eses dous días.

Gracias Fran, por seguir sendo o noso reporteiro!!!


lunes, 23 de marzo de 2015

MAÑÁ, MARTES 24 DE MARZO, COMEZAN AS V XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

Esta tarde, ás 7, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, terá lugar o acto de presentación das V Xornadas de Orientación Académica e Profesional do Morrazo.


Mañá, martes 24 de marzo, darán comezo as charlas dirixidas ao alumnado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior e Educación de Adultos.

Desenvolvéranse 3 mesas redondas:

De 9:30 a 11:00 h., terá lugar a 1ª das charlas-coloquio, a cargo de Luis Herbella, presidente da Comisión Interuniversitaria de Galicia.  Falará do acceso á universidade dende o Bacharelato, dos títulos propios das universidades galegas e das dobres titulacións.

De 11:30 a 13:15h,. haberá dúas mesas redondas simultáneas:

Unha sobre a Formación Profesional de Grao Superior: acceso, estrutura, titulación; tamén se abordará a Formación Profesional Dúal, contando cos dous profesores do CIFP Politécnico de Santiago.

Outra sobre as Ensinanzas Especiais: ensinanzas artísticas superiores, ensinanzas deportivas e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

Nas mesas redondas, contarase coa presencia de alumnado que está cursando as ensinanzas que se abordan.







Podedes ver neste enlace a noticia relacionada no Faro de Vigo, do día de hoxe.

DECÁLOGO POLA CIBERCONVIVENCIA POSITIVA E CONTRA A VIOLENCIA DIXITAL

Outra vez, Pantallas Amigas, ofrécenos un material para axudar ao alumnado a reflexionar sobre o bo uso da rede, co fin de evitar conflictos, que poden acabar en situacións de ciberbullying.

Nesta ocasión, un decálogo de normas de uso das redes sociais.


lunes, 16 de marzo de 2015

AXUDAS 2015 PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE INGLÉS PARA O ALUMNADO


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en inglés para o alumnado no verán 2015.


Destinatarios:

Alumnado de centros de ensino da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos que cursen 1º, 2º, 3º e 4º de ESO ou 1º, 2º de Bacharelato.

Requisitos:


  • Estar cursando un dos niveis indicados anteriormente no curso 2014-15
  • Non ter concedida outra axuda para este mismo fin durante este curso
  • Nota mínima de inglés no curso 2013-14, Ben ou 6
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013-14
  • Ter DNI ou NIE en vigor  (excepto menores de 14 anos)





Prazo de solicitude:

Do 17 de marzo ao 16 de abril de 2015 


Para mais información sobre documentación, forma de presentación de solicitudes, clika aquí

viernes, 13 de marzo de 2015

V XORNADAS DE ORIENTACION ACADÉMICA E PROFESIONAL




Un ano mais, e xa van 5, centros de ensino secundario dos concellos de Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa organizan unhas xornadas de orientación académica e profesional.

Estas V Xornadas desenvólvense en dúas fases:

A 1ª, os días 24 e 25 de marzo, están dirixidas ao alumnado de Bacharelato, FP de Grao Superior e pretender poñer en contacto ao alumnado cos estudos superiores tanto universitarios como de Formación Profesional.  Así, como novidade desta 5ª edición, contaremos nunha das mesas redondas cunha charla sobre a FP Dúal.

Aínda que os destinatarios principais son os alumnos e alumnas, tamén convidamos ás familias e aos profesionais do ensino a que asistan en horario de mañá ás distintas charlas que terán lugar no Auditorio de Cangas.


A 2ª, os días 20, 21 e 22 de abril, están dirixidas ao alumnado de 4º de ESO e FP Básica, dará a coñecer a oferta de ciclos formativos de grao medio da comarca.

lunes, 9 de marzo de 2015

PROBAS LIBRES DE IDIOMAS NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS


Ábrese o prazo para matricularse nas probas libres de idiomas nas Escolas Oficiais de Idiomas:



9 ao 26 de marzo de 2015




A matrícula na modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse ás probas para certificar a súa competencia nas linguas que ofrecen as distintas Escolas.

Información sobre a matrícula

Procedemento de matrícula



Requisitos:


  • Ter cumpridos 16 anos antes do 31 de decembro do ano no que se celebren as probas, ou 14 anos para calquera idioma distinto do que se está a cursar como 1ª lingua estranxeira n ESO
  • Para presentarse ao C1, hai que certificar previamente o nivel B2
Para mais información, consulta a guía para persoas candidatas

Características das probas libres:

  • Só hai convocatoria de xuño.  Polo que é conveniente que consultes as datas das probas antes de matricularte, porque non se cambian e non se devolve o importe da matrícula.
  • A matrícula só da dereito a unha convocatoria.  Se queres volver a presentarte, tes que volver a matricularte.
  • Podes presentarte ás veces que queiras

viernes, 6 de marzo de 2015

DÍA DA MULLER







O domingo, 8 de marzo, achégase outra desas datas nas que nos centros educativos adicamos un tempo a reflexionar co alumnado.  Nesta, sobre a muller e a súa situación na sociedade actual.

No noso centro, este curso, propoñemos dous temas de reflexión en torno á muller:  


  • A imaxe que nos impoñen e a que nós queremos ter, a través da aula virtual o departamento de orientación fai unha serie de propostas que promovan a reflexión do alumnado sobre as imposicións da sociedade sobre a nosa imaxe, como nos ven e como nos queremos ver.  Déixovos algúns dos vídeos que se propoñen para traballar.
  • Muller e deporte: xa que o alumnado de 1º de ESO está a traballar sobre os deportes en Cangas, imos aproveitar esta data para que reflexionen sobre o tratamento que se lle dá a muller no deporte.  Por iso, o cartel que se fixo no centro e que encabeza este post.  Ademais, o mércores 11  de marzo, ás 11:15 h. a responsable do Centro de Información á Muller do Concello de Cangas, daranos unha charla sobre as mulleres deportistas en Cangas, para o alumnado de 1º de ESO.


SIDEWALK


María Hidalgo nos dá a coñecer esta curta, creado por Celia Bullwinkel. Nel se mostra a que se expón cada nena ou muller cando sale á rúa, a través das distintas etapas da súa vida.  Sidewalk é unha peza de tres minutos e medio no que se nos invita á reflexión sobre o sexismo, a vergoña, a sobreexposición que sofre a muller na sociedade occidental.  Para a directora, a vida dunha muller é unha continua pasarela, rodeada de ollos que nos ven e nos xulgan polo noso aspecto.





 ASPECTO FÍSICO E PUBLICIDADE

Os enganos da publicidade, as condicións que sofrimos polos canóns estéticos dos famosos e a moda, sobre todo isto fainos reflexionar este vídeo.






Tamén vos deixo o enlace a un artigo publicado no diario dixital EL TIEMPO, por Yolanda Reyes, o 19 de xaneiro de 2015:  La educación de las niñas.  Miss Tanguita es la punta del iceberg de esas prácticas sociales que legitiman la desigualdad de género.

E MAIS PARA LER: