martes, 7 de abril de 2015

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Dende hoxe, martes 7 de abril, e ata o luns 20 de abril, está aberto o prazo de inscrición nas probas de acceso a ciclos de grao medio.

Os requisitos para presentarse á proba son:



  •   Non estar en posesión do título de Graduado en ESO
  •   Cumprir 17 anos no ano 2015
A inscrición deberá realizarse nun instituto que imparte ciclos de formación profesional, nun formulario normalizado, ao que se debe acompañar unha copia do DNI do solicitante.

LEMBRA QUE:

  • A superación da proba de acceso dará dereito a cursar calquera ciclo formativo de grao medio en calquer instituto do terriotorio nacional.
  • A validez da superación da totalidade da proba de acceso non ten data de caducidade.



No hay comentarios:

Publicar un comentario