domingo, 19 de abril de 2015

APRENDIZAXE BASADO EN PROXECTOS


Recollemos outro artigo sobre a metodoloxía de Aprendizaxe Basada en Proxectos  (ABP).  

Neste momento de cambios lexislativos na educación, podemos aproveitar o momento para reflexionar sobre a metodoloxía que empregamos nas aulas e experimentar con métodos que xa son utilizados en moitas aulas, a Aprendizaxe Basada en Proxectos.

O Centro Nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios  (CEDEC), recolle un artigo de Miguel Angel Pereira Baz no que fai un percorrido pola situación da introducción da ABP nas aulas e nos centros educativos. E sinala, creo que con gran acerto, que aínda que esta metodoloxía está sendo utilizada en moitas aulas por maestros comprometidos con metodoloxías mais innovadoras, os centros educativos non inclúen no seu Proxecto Educativo o traballo baixo esta metodoloxía como un sinal de identidade.  Este é o reto de moitas escolas.

Segundo o autor, isto pasaría por un compromiso do Claustro, do Consello Escolar no que están representados todos os membros da comunidade educativa,  para que consideren o trababallo por proxectos como o método fundamental e común de traballo na aula.




Déixovos o enlace ás experiencias que no noso centro se levaron e levan a cabo, cunha metodoloxía ABP:



No hay comentarios:

Publicar un comentario