jueves, 21 de mayo de 2015

MAIS SOBRE A APRENDIZAXE BASADA EN PROXECTOS



Recollemos aquí unha entrada no blog Actualidad Pedagógica de José M. Sánchez, facendo un achegamento ás evidencias científicas sobre as bondades da Aprendizaxe Basada en Proxectos  (ABP): que é e que non é, papel do profesorado e do alumnado, dificultades, beneficios, etc.

Este é un bo momento, no que un cambio de lexislación e de enfoque curricular, para reflexionar sobre as nosas prácticas de aula e como podemos introducir outras metodoloxías mais activas e integradoras.

CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE


A Consellería de Traballo e Benestar convoca campamentos de verán para persoas con discapacidade.

Trátase de estadías de 10 días de duración, cun obxectivo socializador e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro.





Persoas destinatarias

As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial

Requisitos

· Ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%
· Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima á súa finalización
· Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
. Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
· Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
· Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.


Modelo de solicitude e de informe médico:

A solicitude e o informe médico formalizarase nos impresos oficiais e terán que estar asinadas polos pais/nais ou titores das persoas con discapacidade e polo persoal médico,
segundo corresponda.
Estes impresos están a disposición das persoas interesadas na páxina web: http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran-


O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de xuño incluído.
Máis información no teléfono social 900 333 666 e en http://benestar.xunta.es







martes, 19 de mayo de 2015

"CARMEN Y JIMENA. FUTURO IMPERFECTO"

"Carmen e Jimena" é un documental multimedia realizado por Gabriel Pecot, producido pola Fundación porCausa e que foi financiado por "crowdfunding".  A través da testemuña de dúas xoves, Carmen e Jimena, achéganos aos soños e expectativas de dúas adolescentes madrileñas que viven en dous contextos completamente diferentes:  o distrito de Monclo-Aravaca e o distrito de Ponte de Vallecas.

Un bo punto de partida para a reflexión co alumnado de 3º e 4º de ESO e incluso Bacharelato, sobre o seu futuro e as súas expectativas.

Gracias a Miguel Angle Valverde por compartilo no seu blog "Entre pasillos y aulas".








Guión: Gumersindo LafuenteGonzalo Fanjul, Gabriel Pecot y Celia Hernández.
Música-Ambiente Sonoro: Anatol Rivero.
Producción: Fundación porCausa.
Financiado por: 145 micro-mecenas a través de Goteo.org.

domingo, 17 de mayo de 2015

CUALIFICACIÓNS DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR





Tamén se lembra que contra estas cualificación provisionais, pódese reclamar entre o 18 e o 20 de maio inclusive, no centro onde se realizou a inscrición para as probas.

Modelo de reclamación contra as cualificacións provisionais.

viernes, 15 de mayo de 2015

APRENDIZAXE BASADA EN PROXECTOS: UNHA EXPERIENCIA AVALIADA 7 ANOS DESPOIS POLO ALUMNADO IMPLICADO

http://www.slideshare.net/CarlosMoralesSocorro/jornadas-de-buenas-prcticas-cep-de-telde



No blog de Carlos Morales Socorro, profesor de Matemáticas do IES Valsequillo de Las Palmas de Gran Canaria, atopamos unha reflexión sobre a aprendizaxe basada en proxectos, a partir dunha experiencia con alumnado de 4º de ESO, na materia de Matemáticas B.

Na entrada recóllese a presentación que recollemos arriba, a modo de reflexión-avaliación de experiencias.  Ademais, en 3 vídeos recóllese a reflexión do alumnado que participou na experiencia fai 7 anos.

Interesante entrada que nos pode animar a iniciarnos no ABP, vendo como outros o fixeron posible e a valoración do alumnado.

domingo, 10 de mayo de 2015

O CENTRO PARTICIPA NAS XI XORNADAS INTERCULTURAIS


Nas dúas vindeiras semanas o noso centro participará en diversos obradoiros dentro da XI XORNADAS INTERCULTURAIS, organizadas polo Concello de Cangas.









Os   obxectivos finais que se persiguen con esta intervención dende o Concello de Cangas son:
·        Favorecer a integración do colectivo inmigrante.
·        Facilitar o encontro entre mulleres e homes de distintas culturas e etrnias.
·        Crear un espacio propio de convivencia.
·        Difundir o principio de igualdade entre homes e mulleres.
·  Dar a coñecer as diferentes experiencias de cooperación e sensibilización desenvolvidas polas diferentes ongs.

Dende o noso centro, asumindo estes obxectivos, participaremos nos seguintes obradoiros:

1º ESO:  Obradoiro de Interculturalidade

2º ESO:  Comercio Con-Sentido, coa ONG Solidaridade Internacional de Galicia

3º ESO:  Vídeo-Formum:  "Comunicando Comunidades" da ONG Reporteiros Galegos Solidarios

sábado, 9 de mayo de 2015

PRAZAS EN RESIDENCIAS XUVENÍS PARA O CURSO 2015-16


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca 223 prazas para mozos e mozas, nas súas residencias xuvenís para o curso académico 2015/2016, no réxime de internado.
As prazas ofértanse tanto para mozas e mozos estudantes como traballadoras/es.








Prazas:

Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 74 prazas
Ourense: Florentino L. Cuevillas. 55 prazas
Vigo: Altamar. 94 prazas.

Do total de prazas resérvase un 9% para mozos e mozas que desempeñen unha actividade estatutaria, funcionarial ou laboral, tanto se é por conta propia como allea:
Lugo: Centro Residencial Xuvenil LUG. 7 prazas
Ourense: Florentino L. Cuevillas. 5 prazas
Vigo: Altamar. 8 prazas.

Requisitos para mozos e mozas estudantes:
– Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 na data do 31 de decembro de 2015.
– Cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, de bacharelato, de ciclos formativos de grao superior, estudos universitarios tendentes á obtención de título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
- Que no concello onde radique a súa residencia familiar non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos que o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima esixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia familiar.

Requisitos para mozos e mozas traballadores/as:
- Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia familiar da persoa solicitante.
- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses a contar dende a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
- No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no Réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Prezo mensual: 324 €

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de maio de 2015.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.

Máis información no DOG do 8 de maio de 2015.
Lugo: http://xuventude.xunta.es/residencia-de-lugo.html
Ourense: http://xuventude.xunta.es/residencia-de-ourense.html

Vigo: http://xuventude.xunta.es/residencia-de-vigo.html

martes, 5 de mayo de 2015

O ALUMNADO DE 4º DE ESO COÑECE A OFERTA DE CM DA COMARCA

O pasado 21 de abril, o alumnado de 4º de ESO do noso centro visitou os institutos da comarca do Morrazo que imparten Ciclos Formativos de Grao Medio.  Esta visita enmárcase dentro das V Xornadas de Orientación Académica e Profesional, que desenvolveu a súa segunda parte os días 20, 21 e 22 de abril.  Como ven sendo habitual, nestes días o alumnado de 4º de ESO visita os institutos da comarca que imparten Ciclos de Grao Medio.

Así, a nosa visita empezou polo IES de Rodeira, de Cangas, onde coñecemos os CM de Xestión Administrativa, da familia de Administración e Finanzas e Instalacións de Telecomunicacións, da familia de Electricidade e Electrónica.

A continuación, desprazámonos ata o IES A Paralaia, de Moaña, e estivemos nos talleres dos CM de Mecanizado, da familia de Fabricación Mecánica e Instalacións eléctricas e automáticas, da familia de Electricidade e Electrónica.

Por último, achegámonos ao IES Johan Carballeira de Bueu, onde nos presentaron os seus CM de Estética Persoal Decorativa e Peiteado e Estética Capilar, da familia de Imaxe Persoal, e Soldadura e Caldeiraría da familia de Mecanizado.

Agradecémoslles a todos eles a amabilidade e paciencia con que nos atenderon.

Aquí vos deixamos unhas fotografías da visita.





PUBLICADAS AS LISTAXES DE INSCRITOS NAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

A Consellería de Educación ven de publicar as listaxes de inscritos nas probas de acceso a Ciclos de Grao Medio.  Se se advirte algún erro, pode presentarse reclamación entre o 6 e o 8 de maio no centro onde se fixo a inscrición.



Lembrade que as probas terán lugar o mércores, 3 de xuño de 2015.

lunes, 4 de mayo de 2015

COMO DAR RESPOSTA ÁS NECESIDADES DO ALUMNADO DE ALTAS CAPACIDADES



A. Andreu Pina nos dá pistas sobre que características debemos observar no alumnado para sospeitar que é sobredotado, que prexuizos temos e que non son certos e que podemos facer para atender ás necesidades deste alumnado na aula ordinaria.

Este documento foi recollido no blog Orientación Andújar.

ESTRATEXIAS E TÉCNICAS DE APRENDIZAXE

No blog Orientación Andújar, os compañeiros Maribel e Ginés, veñen de publicar a entrada "Colección de Estrategias y Técnicas de Aprendizaje" .  Esta é a súa concepción da intelixencia, da aprendizaxe, do papel do profesor e o alumno no proceso de ensino-aprendizaxe:

La inteligencia no es algo fijo sino modificable. El enfoque actual de la inteligencia no la identifica tanto con los conocimientos sino con el repertorio de habilidades que permiten actuar inteligentemente. La inteligencia no es tanto una entidad cuanto un conjunto de habilidades; es más bien un sistema abierto y como tal puede mejorar.
La nueva concepción del aprendizaje concibe al estudiante como un ser activo que construye sus propios conocimientos inteligentemente, es decir, utilizando las estrategias que posee. Mientras que en la concepción anterior el profesor se limitaba a transmitir contenidos, ahora su cometido principal es ayudar a aprender. Y como aprender es construir conocimientos, es decir, manejar, organizar, estructurar y comprender la información, o lo que es lo mismo, poner en contacto las habilidades del pensamiento con los datos informativos, aprender es aplicar cada vez mejor las habilidades intelectuales a los contenidos del aprendizaje. Aprender es pensar; y enseñar es ayudar al alumno a pensar, mejorando diariamente las estrategias o habilidades de ese pensamiento.




Na entrada que van desenvolvendo en diversos documentos, faise un repaso a diversas estratexias de aprendizaxe:  mapas conceptuais, a cruz categorial, os gráficos, o periódico,...  Tamén fan un repaso moi interesante sobre as distintas teorías de como aprende o alumno, situándose esta selección de estratexias no enfoque constructivista, onde a aprendizaxe nova basease no que o alumno/a xa coñece.  
Moi recomendable esta entrada e esta selección para adoptar novas estratexias na aula.