martes, 5 de mayo de 2015

O ALUMNADO DE 4º DE ESO COÑECE A OFERTA DE CM DA COMARCA

O pasado 21 de abril, o alumnado de 4º de ESO do noso centro visitou os institutos da comarca do Morrazo que imparten Ciclos Formativos de Grao Medio.  Esta visita enmárcase dentro das V Xornadas de Orientación Académica e Profesional, que desenvolveu a súa segunda parte os días 20, 21 e 22 de abril.  Como ven sendo habitual, nestes días o alumnado de 4º de ESO visita os institutos da comarca que imparten Ciclos de Grao Medio.

Así, a nosa visita empezou polo IES de Rodeira, de Cangas, onde coñecemos os CM de Xestión Administrativa, da familia de Administración e Finanzas e Instalacións de Telecomunicacións, da familia de Electricidade e Electrónica.

A continuación, desprazámonos ata o IES A Paralaia, de Moaña, e estivemos nos talleres dos CM de Mecanizado, da familia de Fabricación Mecánica e Instalacións eléctricas e automáticas, da familia de Electricidade e Electrónica.

Por último, achegámonos ao IES Johan Carballeira de Bueu, onde nos presentaron os seus CM de Estética Persoal Decorativa e Peiteado e Estética Capilar, da familia de Imaxe Persoal, e Soldadura e Caldeiraría da familia de Mecanizado.

Agradecémoslles a todos eles a amabilidade e paciencia con que nos atenderon.

Aquí vos deixamos unhas fotografías da visita.





No hay comentarios:

Publicar un comentario