miércoles, 17 de junio de 2015

A Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria ven de publicar o calendario de admisión nos estudos de formación profesional.  O proceso de admisión establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo, así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización de matrícula.

Con independencia do réxime solicitado, os prazos de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2015-16 serán o seguintes:
  • O prazo ordinario vai dende o 17 de xuño ata as 13:00 horas do 2 de xullo
  • O prazo extraordinario irá do 1 ao 11 de setembro ás 13:00 horas
Para presentar solicitude de admisión hai que ter en conta:

  • Só  poderán presentar solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no momento da inscrición.
  • As solicitudes presentadas no período ordinario terán prioridade sobre as presentadas no período extraordinario.
  • Tan pronto se efectúe unha matrícula en calquera ensinanza de FP, as solicitudes desa persoa son excluídas do proceso de admisión.

Presentación de solicitudes:
Deberá presentarse unha única solicitude por cada réxime, grao e modalidade que se desexe cursar.  Poderá facerse a solicitude por unha destas 3 vías:
  • Cubrindo a solicitude en internet na aplicación informática  http://www.edu.xunta.es/ciclosadmision.  A instancia que se xera deberá imprimirse e presentala, acompañada da documentación que se requira, en calquera centro educativo de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos.
  • Cubrindo manualmente o modelo de solicitude e presentándoo, acompañado da documentación requerida, no centro escollido en 1ª opción.
  • Finalmente, poderá presentarse a solicitude en calquera oficina de Correos, para remitila por correo certificado ao centro que se escolle en 1ª opción.


Podes consultar aquí a oferta de FP:

No hay comentarios:

Publicar un comentario