lunes, 22 de junio de 2015

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA NA FP DUAL





Publicada no DOG  a Orde do 3 de xuño de 2015 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos.


Oferta de ensinanzas
   Concello      Centro educativo                 Código ciclo     Ciclo formativo
Entidade colaboradora

A Coruña IES A Sardiñeira SQUI02 Química industrial
Repsol Petróleo, S.A.
Lugo CIFP Politécnico de Lugo
MEOC01
Construcción
- Construcciones Seijas Enríquez, S.L.
- Garvi Lugo Construcciones Proyectos y Reformas, S.L.
- José Mourelle Díaz.
- Luís Villamide, S.L.
- Odegal, S.L.
- Oltaya Lugo, S.L.
- Óscar Piñeiro López
- Recubre Lugo, S.L.
- Reforma Noroeste C.B.
- Reformas y Sistemas de Galicia, S.L.
Ourense
IES Universidade Laboral
MTMV01
Carrozaría
Unidad de Vehículos Industriales, S.A.(Unvi)
Pontevedra
CIFP Carlos Oroza SHOT01 Xestión de aloxamentos turísticos Arlea Hotels, S.L.U.
Santiago
CIFP Compostela
SHOT01
Xestión de aloxamentos turísticos
Arlea Hotels, S.L.U.
 Vigo
CIFP Manuel Antonio
MTCP01
Confección e moda
Sociedad Textil Lonia, S.A.

Requisitos das persoas solicitantes
Para poderen acceder a este proxecto de formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:
  • Ter entre dezaseis e vinte e nove anos no momento de inicio do programa formativo, no caso dos ciclos de grao medio, e entre dezaoito e vinte e nove anos, no caso dos ciclos de grao superior.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 36 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I desta orde.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Calendario do procedemento
  • Presentación de solicitudes: do 17 ao 26 de xuño ás 13 horas.
  • Relación provisional de persoas solicitantes: 29 de xuño
  • Reclamación á relación provisional de persoas solicitantes: 30 de xuño e 1 de xullo
  • Relación definitiva de persoas solicitantes: 3 de xullo
  • Período de selección por parte da entidade colaboradora: do 4 ao 11 de xullo
  • Relación de persoas admitidas e en espera: a partir do 13 de xullo
  • Matrícula: 2 días hábiles desde a publicación da listaxe de persoas admitidas e en espera. Data límite: 15 de xullo

Presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nestes proxectos experimentais de formación profesional dual poderán entregarse en calquera centro que teña oferta de formación profesional dual autorizada e irán dirixidas ao seu director ou á súa directora.

Acceda á Orde do 3 de xuño de 2015, que regula a admisión nestas ensinanzas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario