miércoles, 2 de septiembre de 2015

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZAS NOS CICLOS DA FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

Está aberto o prazo para solicitar praza nos Ciclos da Formación Profesional Básica, ata o 10 de setembro ás 13:00 h.

O alumnado de 15, 16 ou 17 anos que é proposto polo equipo docente, debe acompañar a solicitude, dun documento de incorporación que lle facilitarán no seu centro de orixe.

A solicitude de admisión presentarase nun único centro, naquel que queiramos cursar a FP Básica.  Na mesma solicitude podemos deixar constancia da nosa 2ª elección por si non houbese prazas na que solicitamos en 1º lugar.

Aquí vos deixo a oferta de Ciclos de FP Básica clasificada por familia profesional

E aquí podedes ver a oferta clasificada por provincia e concello

Para calquera dúbida podedes acodir ao Departamento de Orientación ou consultar a web da Consellería de Educación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario