miércoles, 2 de septiembre de 2015

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS


Por Resolución de 24 de xullo de 2015, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, convócanse axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2015-16.

Destinatarios:  
Alumnado escolarizado en centros educativos españoles, que acrediten a necesidade específica de recibir apoio educativo e reúnan os requisitos establecidos na convocatoria.

Prazo de presentación:

Ata o 30 de setembro de 2015

Onde se solicita:

A través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, mediante un formulario on-line, que debe ser imprimido, cumprimentado e presentado no centro onde o alumno/a vai cursar estudios no curso 2015-16.

Para calquera dúbida ou aclaración, acode ao Departamento de Orientación.



No hay comentarios:

Publicar un comentario