miércoles, 23 de septiembre de 2015

CICLOS FORMATIVOS LIBERADOS OU CON PRAZAS VACANTES

A Consellería de Educación ven de publicar na súa páxina, información sobre os ciclos formativos con prazas vacantes, tanto de grao medio como superior, tanto no réxime ordinario como para persoas adultas.

Así mesmo, informa de que se abre  prazo de matrícula para estes ciclos liberados, do 23 ao 25 de setembro.

Para matricularse, hai que cumprir os requisitos de acceso, presentarse no instituto onde se imparte o ciclo ou módulo e formalizar a matrícula, que se realizará por orde de chegada.


A matrícula por este procedemento implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario