domingo, 20 de septiembre de 2015

ESCOLA E TIC

Catherine L'Ecuyer, acaba de facer unha análise dun informe da OCED, Students, Computers and Learning, que relaciona os resultados en todos os países da OCED co uso de ordenadores en casa e na escola.  
Os sorprendentes resultados, ou non, reflicten que os países que mais utilizan os ordenadores na escola obteñen peores resultados académicos. Isto ten facernos reflexionar en que estamos a invertir os escasos recursos económicos que se destinan á educación, se estamos a dar os pasos correctos para conseguir unha educación mais igualitaria, de mais calidade para todos, ou nos estamos quedando nos artificios. 
Xa fai moito tempo que deberíamos empezar a pensar en que educación queremos para que sociedade; como formamos ao profesorado para que todos traballemos na mesma dirección, que recursos humanos e materiais  (incluídos os económicos) necesitamos,...  

Podedes ver o artigo completo, clikando aquí



No hay comentarios:

Publicar un comentario