viernes, 23 de octubre de 2015

UN CONTO PARA TRABALLAR O ACOSO

Natalia Longo, no seu blog Orientacióncondesa, ven de recoller un magnífico conto da Fundación FAROS do Hospital San Joan de Deu, para traballar o tema do acoso nas aulas: 







Nel se traballa sobre o silencio dos observadores que aumentan a exclusión da persoa acosada.

Na web da Fundación Faros hai moitos mais contos para traballar outros temas: adiccións a internet, baixa autoestima, educación emocional.  Vale a pena botarlles un vistazo.

lunes, 19 de octubre de 2015

ENSINANZAS DEPORTIVAS

Ven de publicarse no DOG de hoxe luns, 19 de outubro, a oferta educativa das ensinanzas deportivas na Comunidade Autónoma de Galicia, a partires do curso 2015-16:






lunes, 12 de octubre de 2015

PREVENCIÓN DO ABUSO E MALTRATO INFANTIL

A fin de semana pasada, asistín ao Seminario de Sensibilización e Prevención en Abuso e Maltrato Infantil, organizado pola Asociación AMINO.Gal, integrada na Federación de Asociacións para a Prevención do Maltrato Infantil  (FAPMI).

Quero compartir con vós a súa páxina web, onde atoparedes recursos para a nosa propia formación e para traballar cos menores, tanto dende o punto de vista da escola como da familia.



Aquí vos deixo tamén dous dos materiais que podedes atopar na súa web e que me parecen moi interesantes:


jueves, 8 de octubre de 2015

BECAS PARA ESTUDIAR 1º BACHARELATO EN USA OU CANADÁ



A Fundación Amancio Ortega convoca 500 becas dirixidas a estudiantes de 4º de ESO de centros españois, para estudar 1º de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos, o vindeiro curso 2016-17.

En concreto, convoca 80 becas dirixidas a estudiantes de centros de Galicia e 420 becas dirixidas a estudiantes de centros do resto das Comunidades Autónomas.

O programa de Becas da Fundación Amancio Ortega pretende faciliatr a aprendizaxe de inglés. Para iso, o alumnado beneficiario da beca convivirá cunha familia de acollida e cursarán o Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato).  A beca cubre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos:  viaxe, taxa de escolarización, convalidación de estudios, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes e apoio durante os 10 meses da estancia.
REQUISITOS
  • Cursar 4º de ESO nun centro educativo español.
  • Ter pasaporte en vigor
  • Ter unha media igual ou superior a 7 e un media igual ou superior a 8 en inglés, en 3º de ESO.
  • Non ter cursado no estranxeiro 1º, 2º ou 3º ESO


PRAZO DE INSCRICIÓN
Do 5 de outubro ao 12 de novembro de 2015
Para mais información clika aquí

miércoles, 7 de octubre de 2015

BECAS COLEGIOS DEL MUNDO UNIDO


A Fundación do Comité Español dos Colegios del Mundo Unido abre a convocatoria de prazas  (con beca total ou parcial, ou sen beca) para estudiar os dous cursos de Bacharelato Internacional nos centros desta organización.






REQUISITOS

  • Nacionalidade española ou ter vivido en España os últimos 8 anos
  • Ter nacido no ano 1999 ou entre o 1 de xaneiro e o 31 de agosto de 2000
  • Estar cursando 4º de ESO ou 1º de Bacharelato, e ter aprobado o curso anterior.
  • Ter bo expediente académico e coñecementos básicos de inglés


En la selección de los candidatos/as se valoran especialmente criterios como la madurez personal, el compromiso social, el interés y respeto por otras culturas, la iniciativa y creatividad, junto con la capacidad para convivir y entablar amistad con alumnos de todo el mundo.

PRAZO DE SOLICITUDE

Do 21 de setembro ao 20 de novembro

lunes, 5 de octubre de 2015

SABER ESTUDIAR






 Material - guía para alumnado e familias con vídeos, textos, recomendacións, reflexións,..., que poden ser de moita utilidade neste principio de curso, para todos os educadores.  Elaborado polo Centro Nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios, organismo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Recurso moi completo e que pode utilizarse nas titorías.

Pinchando na imaxe, podedes acceder a todo o contido.





Aquí vos deixo un exemplo do que podedes atopar: