jueves, 8 de octubre de 2015

BECAS PARA ESTUDIAR 1º BACHARELATO EN USA OU CANADÁ



A Fundación Amancio Ortega convoca 500 becas dirixidas a estudiantes de 4º de ESO de centros españois, para estudar 1º de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos, o vindeiro curso 2016-17.

En concreto, convoca 80 becas dirixidas a estudiantes de centros de Galicia e 420 becas dirixidas a estudiantes de centros do resto das Comunidades Autónomas.

O programa de Becas da Fundación Amancio Ortega pretende faciliatr a aprendizaxe de inglés. Para iso, o alumnado beneficiario da beca convivirá cunha familia de acollida e cursarán o Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato).  A beca cubre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos:  viaxe, taxa de escolarización, convalidación de estudios, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes e apoio durante os 10 meses da estancia.
REQUISITOS
  • Cursar 4º de ESO nun centro educativo español.
  • Ter pasaporte en vigor
  • Ter unha media igual ou superior a 7 e un media igual ou superior a 8 en inglés, en 3º de ESO.
  • Non ter cursado no estranxeiro 1º, 2º ou 3º ESO


PRAZO DE INSCRICIÓN
Do 5 de outubro ao 12 de novembro de 2015
Para mais información clika aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario