miércoles, 16 de diciembre de 2015

BECAS EUROPA



O Banco Santander e a Universidade Francisco de Vitoria convocan a XII edición de Bolsas Europa, para potenciar o talento, premiar a excelencia e apoiar a creación de redes de liderado.

O programa ten como obxectivo viaxar todo o máis profundo da historia, esencia e ideais da universidade, que naceu en Europa, para espertar nos seus futuros alumnos a actitude do verdadeiro universitario. Construír unha rede de universitarios líderes en Europa dispostos a sacar o mellor da institución universitaria e reflectilo na sociedade. 
Para iso, Bolsas Europa selecciona aos 50 mellores alumnos preuniversitarios para compartir con eles a experiencia dunha viaxe de 20 días ao redor de Europa, visitando as principais universidades e participando nun programa de conferencias, encontros con personalidades de primeiro nivel do mundo académico, político e cultural e participando en actividades culturais e de lecer.

O Programa Bolsas Europa celébrase en diferentes sedes: Alcalá de Henares, Salamanca, Santiago de Compostela, Bolonia, Roma, Londres, Oxford, Cambridge, Bruxelas, Paris, Heidelberg e Madrid.


Requisitos:

Alumnado que curse 1º de Bacharelato durante o curso 2015-2016.



O prazo para solicitar unha bolsa estará aberto ata o 15 de xaneiro de 2016

Consulta ben a web para enterarte ben do que debes facer.

A selección comeza en 1º de Bacharelato e finaliza en 2º. 

A viaxe terá lugar en xullo de 2017.

jueves, 10 de diciembre de 2015

FAMILIAS, ESCOLA E GRUPOS DE WHATSAPP

Charo Lorenzo, orientadora do IES As Barxas, recolle no seu blog Orienta As Barxas, un artigo aparecido en Orientación en Galicia, sobre os Grupos de Whatsapp de pais de alumnos dunha clase.



É dende logo unha boa reflexión sobre uso dunha ferramenta que podía facilitar a comunicación pero se está a converter nun problema mais na comunidade educativa.  Dende os centros poderíamos axudar a reflexionar sobre este feito, porque si queremos educar ao alumnado no bo uso das TIC, debemos informar ás familias e pedir a súa colaboración responsable.

LIBRO BRANCO DA PROFESIÓN DOCENTE

Estes días vimos asistindo nos medios de comunicación a un bombardeo de información sobre as propostas que fai J. Antonio Marina sobre a profesión docente: acceso, carreira profesional...

O mellor para opinar é ler as súas propostas. Os compañeiros de OrienTapas, nos facilitan o documento, Libro Blanco de la Profesión Docente y su entorno escolar.







Imaxe: MECD



Así mesmo, na páxina do MECD podemos facer achegas e aportacións a este Borrador.

martes, 8 de diciembre de 2015






Abrazar la diversidad. Propuestas para una educación libre de acoso homofóbico y transfóbico, unha publicación do Instituto de la Mujer coa financiación do programa PROGRESS da Unión Europea. 

Segundo a Directora do Instituto de la Mujer, a publicación responde "á necesidade de intervir nunha realidade á que non lle podemos dar a espalda, como é a diversidade afectivo-sexual e de identidade de xénero".

Unha publicación que recolle:
.- Os conceptos básicos
.- Boas prácticas noutros países, nas Comunidades Autónomas e en centros educativos
.- Unha guía de acción para os centros educativos con recomendacións para previr, con indicadores para detectar o acoso e un protocolo de intervención cando xa se detecta un caso de  acoso homofófico ou transfóbico.

Esta completa publicación inclúe, ademais,  un apartado de referencias lexislativas, outro de  recursos didácticos; en definitiva, estamos ante un documento imprescindible para empezar a traballar nos centros educativos a prol da diversidade afectivo-sexual e de identidade de xénero.