domingo, 31 de enero de 2016

CONVOCADAS PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DOS TÍTULOS DE GRADUADO EN ESO E BACHARELATO


Prevense dúas convocatorias: maio e setembro




Prazos de inscrición e datas de realización das probas:

Convocatoria de maio:  inscrición do 7 ao 18 de marzo.  Realización da proba: 27 de maio
Convocatoria de setembro: inscrición do 1 ao 8 de xullo. Realización da proba: 8 de setembro

Consulta aquí para ver onde presentar a solicitude, lugares de realización das probas,...




Prazo de presentación de solicitudes: 18 de febreiro ao 3 de marzo

Data de realización do exame:  22 de abril de 2016, no IES San Clemente de Santiago

Para máis información sobre o formulario de inscrición, lugares de presentación de solicitudes,..., clika aquí.



M-LEARNING OU APRENDIZAXE MÓBIL

Miguel Ángel Valverde publica no seu blog Entre Pasillos y Aulas, un post sobre o uso educativo do teléfono móbil, o M-learning. O grupo de traballo dos orientadores e orientadoras do Campo de Gibraltar veñen de debater sobre a Aprendizaxe Móbil e Miguel A. Valverde recolle as súas reflexións nun presentación de diapositivas, así como experiencias, bilbiografía,... En definitiva, un bo punto de partida para empezar a pensar sobre como introducir o móbil como un recurso educativo máis.





miércoles, 27 de enero de 2016

AÍNDA PENSAMOS QUE HAI PROFESIÓNS DE HOMES E PROFESIÓNS DE MULLERES?

Neste 2º trimestre do curso, xa todos os orientadores empezamos a traballar a orientación académica e profesional con accións planificadas en coordinación coa titoría. 

Tratando de actualizar o material co que traballamos no noso Plan de Orientación Académica e Profesional, atopei este material nun post de Alberto Mazo, no blog OrienTapas:  ¿Como influyen los estereotipos de género en la elección de estudios?  
Interesante asunto a abordar co alumnado e tamén sería conveniente abordalo coas familias, pois son estas as que moitas veces, consciente ou inconscientemente, transmiten os estereotipos de xénero aos seus fillos/as, aínda que nos pareza increíble na época en que vivimos.  Non imos repetir aquí que a igualdade de xénero é máis unha igualdade na lexislación que real, na vida cotiá.

Neste post, recóllese un recurso publicado polo Instituto de la Mujer da Comunidade de Murcia, Elige profesión sin restricciones de género,  unha interesante Guía para que os xoves poidan escoller profesión e/ou estudios sen consideracións sexistas nin discriminatorias.  Paréceme un recurso interesantísimo para traballar co alumnado, xa que recolle un amplo abano de profesións; de cada unha das profesións ofrece unha ficha coa seguinte información:


  • Familia ou campo profesional
  • Denominación da profesión
  • Aptitudes requeridas
  • Que estudiar
  • Saída laboral
  • Reseña biográfica de mulleres recoñecidas na profesión.




lunes, 25 de enero de 2016

BOLSA BENJAMÍN FRANKLIN 2016

A embaixada dos Estados Unidos en España selecciona un estudiante español, andorrano ou residente en España para participar no instituto de verán Benjamín Franklin un programa financiado polo departamento dos Estados Unidos para promover as relacións entre as xoves xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos. 

 O instituto de verán terá lugar nunha universidade norteamericana a finais de xullo de 2016 e reunirá a 45 estudiantes europeos e asiáticos con 10 estudiantes norteamericanos.  Durante a duración do instituto de verán os xoves levarán a cabo unha variedade de actividades: seminarios, programas de voluntariado, viaxes de estudio e eventos cultuais.




REQUISITOS:


  • Idade: entre 16 e 18 anos no momento do inicio do programa nos Estados Unidos
  • Nota media de Notable no seu expediente académico.
  • Nota media de Sobresaínte en inglés
  • Ter participado en actividades de voluntariado.
  • Carta de referencia
  • Non ter participado en viaxes de estudio aos Estados Unidos.

COBERTURA DA BOLSA:

Gastos de viaxe, aloxamento e manutención  (seguro médico e visado)

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Venres, 26 de febreiro de 2016 as 18:00 h.


MÁIS INFORMACIÓN: Clika aquí





lunes, 18 de enero de 2016

DÍA DA PAZ 2016

Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, coincidindo co aniversario da morte de Ghandi. 

Nesta ocasión, o Departamento de Orientación fai unha proposta de traballo en titoría sobre os refuxiados sirios, xa que é un tema co que convivimos a diario nos medios de comunicación e que está ocorrindo agora mesmo moi preto de nós.

Para traballalo, proponse un póster multimedia, que recolle unha proposta didáctica, A nosa proposta Didáctica, para guíar o traballo cos recursos que se recollen no póster: mapas, vídeos, artigos, fotografías,...