miércoles, 27 de enero de 2016

AÍNDA PENSAMOS QUE HAI PROFESIÓNS DE HOMES E PROFESIÓNS DE MULLERES?

Neste 2º trimestre do curso, xa todos os orientadores empezamos a traballar a orientación académica e profesional con accións planificadas en coordinación coa titoría. 

Tratando de actualizar o material co que traballamos no noso Plan de Orientación Académica e Profesional, atopei este material nun post de Alberto Mazo, no blog OrienTapas:  ¿Como influyen los estereotipos de género en la elección de estudios?  
Interesante asunto a abordar co alumnado e tamén sería conveniente abordalo coas familias, pois son estas as que moitas veces, consciente ou inconscientemente, transmiten os estereotipos de xénero aos seus fillos/as, aínda que nos pareza increíble na época en que vivimos.  Non imos repetir aquí que a igualdade de xénero é máis unha igualdade na lexislación que real, na vida cotiá.

Neste post, recóllese un recurso publicado polo Instituto de la Mujer da Comunidade de Murcia, Elige profesión sin restricciones de género,  unha interesante Guía para que os xoves poidan escoller profesión e/ou estudios sen consideracións sexistas nin discriminatorias.  Paréceme un recurso interesantísimo para traballar co alumnado, xa que recolle un amplo abano de profesións; de cada unha das profesións ofrece unha ficha coa seguinte información:


  • Familia ou campo profesional
  • Denominación da profesión
  • Aptitudes requeridas
  • Que estudiar
  • Saída laboral
  • Reseña biográfica de mulleres recoñecidas na profesión.




No hay comentarios:

Publicar un comentario