jueves, 25 de febrero de 2016

INDICADORES DE ACOSO ESCOLAR

Como detectar si mi hijo sufre acoso escolar?, artigo de Elena Mengual, publicado no xornal El Mundo, o pasado 30 de decembro de 2015.

Parte dunha frase que nunca debería ser pronunciada nun centro educativo:  "é cousa de rapaces".  O acoso é violencia, o acoso escolar é violencia entre iguais, entre rapaces, pero non é cousa de rapaces.  Debemos escoitar, escoitar ás víctimas, aos observadores, aos agresores...  

Para que poidamos dicir que hai acoso escolar debe haber agresións continuadas no tempo, agresións físicas, verbais; en persoa, online; estas últimas, teñen o engadido que se dan a calquera hora do día, da noite, en calquera lugar un rapaz pode ser agredido por outro, gracias á conexión a internet, a través dun terminal de telefonía móbil, dun ordenador de sobremesa ou dun ordenador portatil...
Ademáis da continuidade no tempo, hai un desequilibrio de poder, a víctima está sola fronte aos agresor/es e os observadores. Por iso é importante escoitar como se sente a víctima, pois este sentimento de desamparo e soedade é clave para valorar a situación de acoso.

A autora nos da pistas e indicadores para estar alerta de cando un rapaz pode estar sendo víctima de acoso aínda que non sexa quen de verbalizalo.  E tamén nos lembra que os cursos de 5º e 6º de Primaria son os cursos onde se dá con máis intensidade o acoso, seguidos de 1º e 2º de ESO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario