sábado, 20 de febrero de 2016

Informe de SAVE THE CHILDREN, sobre o acoso e ciberacoso escolar




YO A ESO NO JUEGO, é un informe sobre bullying e ciberbullyng na infancia realizado polo Departamento de Psicoloxía da Universidade de Córdoba, por encargo de Save the Children.  

Publicado neste mes de febreiro, analiza datos recollidos en 21.487 entrevistas a estudantes entre 12 e 16 anos.  Os autores sinalan que o primeiro que aprendimos é que "o acoso é violencia, non son rapazadas".


Segundo Save the Chlidren, a través dos datos que se recollen no informe son quen de detectar cales son os colectivos máis vulnerables: as rapazas e os máis xoves.  As rapazas vense expostas a máis situacións tanto de acoso como de ciberacoso; sinalan  tamén que atoparon máis casos de acoso entre os estudiantes de 1º ciclo da ESO que de 2º ciclo.


Indican tamén que se preguntou aos rapaces polas súas conductas agresoras.  A metade dos estudantes recoñece ter insultado ou dito palabras ofensivas de alguén e un de cada tres afirma ter agredido fisicamente a outro rapaz.  Os agresores polo xeral non saben cal é a razón pola que acosan, pero teñen algo en común cos acosados, a súa baixa autoestima.  É a outra cara do bullying, pero hai que recordar que tanto víctima como agresor son rapaces e a súa protección debe ser a prioridade.

Interesante estudio que nos ofrece unha panorámica actualizada do acoso e o ciberacoso en España, na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria, con datos por comunidades autónomas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario