lunes, 1 de febrero de 2016

MALALA YOUSAZFAI RECLAMARÁ FONDOS PARA A EDUCACIÓN DOS REFUXIADOS SIRIOS


Acabamos de conmemorar nos centros educativos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.  En moitos centros traballouse este ano sobre os refuxiados sirios, tamén foi esta a proposta no noso centro, para o que se elaborou un póster multimedia, ao que se pode acceder desde este blog.

Hoxe, La Sexta Noticias, en versión dixital, recolle a noticia de que Malala Yousazfai, Premio Nobel da Paz, e á que lle adicamos as conmemoracións do 30 de xaneiro do ano pasado, intenta conseguir 1.400 millóns de dólares para destinalos á educación dos nenos e nenas refuxiados sirios.

Malala comparecerá na conferencia de Londres de líderes mundiais, "Apoyar a Siria y a la región", coa adolescente siria Muzun al Melehan, para recadar fondos para escolas, libros e profesores para os refuxiados sirios, de xeito que non se condene o futuro deste país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario