lunes, 15 de febrero de 2016

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA O ALUMNADO DE 4º ESO



Esta semana iniciamos o Programa de Orientación Académico e Profesional para o alumnado que está a cursar 4º de ESO.  O programa consta de 4 accións fundamentais:

.- Un curso na Aula Virtual do centro, con recursos, documentos, enlaces, a disposición do alumnado, profesorado e familias.  Este curso está pensando para que certos aspectos o traballen os titores na clase e outros para que o alumnado e as familias os consulten cando o necesiten.

.- Charlas informativas da orientadora do centro ao alumnado na hora de titoría, para informar dos aspectos básicos do Bacharelato, Ciclos Formativos, FP Básica, opcións para o alumnado que remata a ESO sen Título.

.- Visita co alumnado aos centros da comarca que imparten Formación Profesional.

.- Charla informativa ás familias do alumnado de 4º de ESO, para presentarlle as opcións básicas ao remate da ESO, períodos de solicitude de praza, bolsas e axudas ao estudo...



Hai que lembrar que o alumnado que queira reservar praza no Bacharelato nun centro distinto do que está a cursar a ESO, o período de reserva de praza abrangue dende o 1 ao 20 de marzo, ámbolos dous inclusive.  
É imprescindible facer a reserva de praza si queremos cursar o Bacharelato, aínda que pensemos aprobar en setembro; en setembro non hai reserva de praza, só matrícula para aqueles que tiveran reservado praza e foran admitidos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario