jueves, 11 de febrero de 2016

PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2016


Hoxe, xoves 11 de febreiro, convócanse no DOG as probas de acceso a Ciclos de Formación Profesional, tanto de grao medio como superior.






PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

Inscrición na proba: 15 ao 26 de febreiro

Realización da proba: 20 de abril

Requisitos para a inscrición: non posuír ningún dos requisitos de acceso directo e cumprir 19 anos ou máis no 2016.

Como novidade, este ano, o alumnado que estea en posesión dun título de técnico  (Ciclo Formativo de Grao Medio), ten acceso directo a un Ciclo de Grao Superior e non poderá presentarse á proba.

Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos de Grao Superior: clika aquí


PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Inscrición na proba: 4 ao 15 de abril

Realización da proba: 25 de maio

Requisitos para a inscrición: non posuír ningún dos requisitos de acceso directo e cumprir 17 anos ou máis no 2016.

Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos de Grao Medio: clika aquí

Para máis información sobre todo o proceso, clika aquí



No hay comentarios:

Publicar un comentario