jueves, 3 de marzo de 2016

8 DE MARZO: Día Internacional da Muller.

Achégase outro ano máis o 8 de marzo.  Esta é unha das datas que nos centros educativos aproveitamos para facer fincapé naqueles valores que, aínda que traballamos durante todo o ano, é conveniente seguir insistindo.  Así que aproveitamos esta conmemoración internacional, que empezou sendo da Muller Traballadora, para agora ser simplemente da Día Internacional da Muller, para reivindicar o dereito da muller á igualdade de oportunidades cos homes, á igualdade de dereitos, á igualdade na vida cotiá, no emprego,...


Na Aula Virtual do noso centro temos creado un curso con materiais para  os titores e o profesorado en xeral.  Queremos destacar un material que editou o Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, no ano 2012, baixo a coordinación de Mercedes Oliveira Malvar. Esta profesora de Filosofía leva traballando co seu alumnado desde o seu instituto e elaborando material didáctico dende fai moitos anos para facilitarnos o traballo aos demáis. 


Aquí vos deixo o enlace a este material que ten o engadido de estar publicado en galego, dende Galicia e por mulleres galegas.  Clikando na fotografía accederedes a un material moi completo, que aborda diferentes conmemoracións do calendario escolar dende o punto de vista de educar en igualdade.  Se entrades, en concreto, no 8 de marzo, poderedes ver vídeos, presentación, actividades,...



Tamén vos deixo este material que aportan os comparñeiros/as do blog orientagalicia, publicado pola ONU, sobre mulleres que fixeron aportes extraordinarios á sociedade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario