viernes, 4 de marzo de 2016

CHARLA ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA FAMILIAS ALUMNADO 4º ESO

Dentro do Plan de Orientación Académica e Profesional para o alumnado de 4º de ESO, o Departamento de Orientación do IES Monte Carrasco, organiza unha charla informativa para as familias do alumnado de 4º ESO, o vindeiro luns, 7 de marzo, ás 6 da tarde.

O obxectivo da charla é informar ás familias das opcións académico-profesionais ao remate de 4º de ESO, así como resolver as dúbidas que poidan ter.  

Hai que lembrar, a este respecto, que o 20 de marzo remata o prazo para solicitar praza para cursar estudios de Bacharelato e que a solicitude debe facerse no instituto onde o alumnado desexe cursar o Bacharelato en 1ª opción.

Estes e outros aspectos serán abordados na charla do luns.  ESPERÁMOSVOS.



No hay comentarios:

Publicar un comentario