miércoles, 16 de marzo de 2016

PROBAS LIBRES PARA A CERTIFICACIÓN DAS ENSINANZAS DE IDIOMAS

A Consellería de Educación, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ven de convocar probas para a certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial.

Convócanse probas para a certificación dos niveis básico, intermedio e avanzado nos seguintes idiomas:


NIVEL BÁSICO: 

Alemán, árabe, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.

NIVEL INTERMEDIO:

Alemán, árabe, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.

NIVEL AVANZADO:

Alemán, árabe, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués e ruso.

NIVEL C1:

Galego, francés e inglés.

Requisitos para presntarse ás probas:

Poderán matricularse nas probas libres do idioma que cursasen como 1ª lingua estranxeira na ESO, as persoas que teñan 16 anos cumpridos ou os cumpran antes do 31 de decembro do 2016.
Poderán matricularse nas probas libres do idioma que cursasen como 2ª lingua estranxeira na ESO, as persoas que teñan 14 anos cumpridos ou os cumpran antes do 31 de decembro do 2016.

Para máis información sobre a matrícula, clika aquí  (accedes á información da Escola Oficial de Idiomas de Vigo)

Prazo de matrícula nas probas libres:
O prazo de matrícula vai do 29 de marzo ao 14 de abril de 2016.
Para máis información, acude a túa Escola Oficial de Idiomas máis cercana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario