martes, 12 de abril de 2016

CAMPAMENTOS E OUTRAS ACTIVIDADES PARA O VERÁN 2016

A Consellería de Política Social ven de publicar no DOG do 8/04/2016 a oferta de actividades de verán 2016.

Trátase dunha oferta de actividades para a época estival para que a mocidade galega participe nunha serie de actividades de educación non formal de carácter moi diverso: cultural, deportivo, de tempo libre, de voluntariado,...



As actividades desenvolvarense en quendas durante os meses de xullo, agosto ou setembro, en Galicia ou noutras Comunidades Autónomas.

Poderase participar en:

  • Programas de actividades en Galicia
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas
  • Campos de traballo en Galicia
  • Campos de traballo noutras comunidades autónomas
  • Campos e traballo no estranxeiro
  • Actividades para maiores de 18 anos


Os servizos que se inclúen se participas son:


a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/da mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.


PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 23 de abril  (15 días naturais dende o día seguinte á publicación no DOG)

PRESENTACIÓN ELECTRÓNICA DE SOLICITUDES

TODA A INFORMACIÓN, CLIKANDO AQUÍ ou tamén AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario