jueves, 14 de abril de 2016

CAMPAMENTOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2016

Dentro da Campaña Verán 2016, a Consellería de Política Social, ven de convocar prazas para participar en Campamentos de Verán específicos para persoas con discapacidade.

Trátase de estadías de 10 días nos que se desenvolverán actividades dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao coñecemento da propia cultura e a promoción de hábitos de vida saudables.





Requisitos
Ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.
Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima á súa finalización.
Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.



Servizos ofertados
Aloxamento en albergue,residencia ou apartamento, segundo o destino solicitado.
Manutención en réxime de pensión completa.
Programa de actividades de animación sociocultural.
Material necesario para a actividade.
Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre e náuticas.
Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.


Campamentos:
 2016campamentosdiscapacidades

Modelo de solicitude e de informe médico
A solicitude e o informe médico formalizarase nos impresos oficiais e terán que estar asinados polos pais/nais ou titores das persoas con discapacidade e polo persoal médico, segundo corresponda.
Estes impresos están á disposición das persoas interesadas na páxina web :


Prazo e lugares de presentación de solicitudes

Ata o día 30 de abril.


As solicitudes, acompañadas da documentación requirida, presentaranse por calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixiranse á:

Consellería de Política Social.
Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
Edificio administrativo San Caetano, s/n.
15781 Santiago de Compostela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario