martes, 12 de abril de 2016

IDENTIDADE SEXUAL

O martes, 12 de abril, organizamos no noso centro un obradoiro para traballar a discriminación en razón de identidade ou orientación sexual, impartido pola Cruz Vermella.  É a primeira vez que organizamos no noso centro un obradoiro deste tipo e agradecemos a oportunidade que nos brinda esta ONG de abordar este tema tan necesario co noso alumnado de 4º de ESO.

Aquí vos deixo un vídeo, no que Cristina Palacios, nai dunha nena transexual nos conta a súa experiencia, para facernos visible unha realidade socialmente oculta, á dos menores transexuais; unha realidade  complexa que trascende do etiquetado sexual en función dos xenitais ao nacer.








Tamén vos deixo un material elaborado polo Instituto de la Mujer, encadrado dentro do programa CORE: Conociendo la discriminación, Reconociendo la diversidad, financiado pola Comisión Europea, un bo material para traballar co noso alumnado:



No hay comentarios:

Publicar un comentario