martes, 3 de mayo de 2016

PROTOCOLO PARA GARANTIR A LIBERDADE DE IDENTIDADE DE XÉNERO







A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar no seu portal, un "Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero".

Neste documento danse pautas aos centros para actuar en caso de que un alumno/a, ou os seus pais e/ou titores legais,  manifeste unha identidade de xénero distinta á que se lle asignou no momento do nacemento e que consta nos rexistros oficiais.

Un documento de partida para unha realidade en aumento á que temos que dar resposta educativa desde os centros docentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario