lunes, 27 de junio de 2016

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Ata o 5 de xullo ás 13:00 h. está aberto o prazo para solicitar ciclos de Formación Profesional, tanto no réxime ordinario como réxime de adultos.


Algúns aspectos importantes deste proceso:


  • A solicitude hai que cubrila online: ciclos admisión.  Logo de cubrila, hai que imprila, asinala e entregala en calquera centro que imparta ensinanzas de formación profesional, xunto coa documentación requerida en cada caso.
  • Só se pode cubrir unha solicitude por réxime e grao; é dicir, unha solicitude para ciclos de grao medio en réxime ordinario, outra solicitude para ciclos de grao medio en réxime de adultos, outra solicitude para ciclos de grao superior en réxime ordinario...
  • En cada solicitude cubriremos por orde de preferencia os ciclos que queiramos cursar, tendo coidado en sinalar ben o código do ciclo e do centro onde se imparte.  Para iso podemos consultar a oferta neste enlace.
  • Debemos estar atentos ás datas que veñen sinaladas no calendario do proceso de admisión, lembrando que o día 19 de xullo, publícase a 1ª listaxe de ciclos adxudicados e que, si apareces nesa listaxe, deberás matricularte entre o 19 e o 26 de xullo, no instituto onde se imparte o ciclo adxudicado.  En caso de non matricularte, quedarás fora completamente do proceso de admisión.

Se ten calquera dúbida, pregunta no  
Departamento de Orientación do teu centro.

domingo, 19 de junio de 2016

20 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO REFUXIADO

En 2001, con motivo do 50 aniversario da Convención sobre o Estatuto dos Refuxiados de 1951, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas sinalou o 20 de xuño como o Día Mundial do Refuxiado para lembrar a millóns de persoas desarraigadas en todo o mundo.

Este ano, 2016, a Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados  (ACNUR) lanza uha petición de  #ConLosRefugiados o 20 de xuño para enviar unha mensaxe aos gobernos que deben traballar xuntos e facer a súa parte cos refuxiados.  Esta petición será entregada na sede da ONU en Nova Iorque con ocasión da Asamblea Xeral do 19 de setembro.  A petición pide aos gobernos que:

  • Garanticen que todos os nenos refuxiados teñan acceso á educación.
  • Garanticen que todas as familias refuxiadas teñan un lugar seguro onde vivir.
  • Garanticen que todos os refuxiados poidan traballar ou formarse para adquirir novas competencias e así pode contribuir positivamente ás súas comunidades.

Para visibilizar esta campaña, UNHCR elaborou este vídeo:

viernes, 17 de junio de 2016

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR CICLOS FORMATIVOS EN FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL

A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 6 de xuño de 2016, pola que se autorizan proxectos experimentais de fomación profesional dual de ciclos formativos, en colaboración con diversas entidades.

Os proxectos autorizados poden consultarse nos seguintes enlaces e inclúen tanto ciclos de grao medios como ciclos de grao superior:
Requisitos para solicitar praza

  • Ter entre dezaoito e vinte e nove ou feitos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

  • Prazo de presentación de solicitudes: 

    Do 17 de xuño ata as 13:00 horas do 28 de xuño de 2016, no centro educativo onde solicita praza.
    A solicitude de admisión, farase conforme ao anexo I, recollida na Orde do 6 de xuño de 2016.

    jueves, 9 de junio de 2016

    ABERTO O PROCESO DE ADMISIÓN NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

    A Consellería de Educación ven de convocar, a través dunha Orde no DOG do 8 de xuño, prazas nos centros residencias docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2016-17.

    Estas prazas pretende facilitar o servizo de residencia  ao alumnado que curse Bacharelato ou Ciclos Formativos, tanto de Grao Medio como Superior, e que ten que desprazarse fóra da súa localidade a unha das cidades galegas: A Coruña, Ourense ou Vigo.

    Requisitos das persoas solicitantes:

    Alumnado que no curso académico 2016-17 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, sitúados nos termos municipais da Coruña, Ourense e Vigo.

    A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha modalidade concreta dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo que:
    a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
    b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

    Prazos:

    a) Paro os solicitantes matriculados en Bacharelato ato o 15 de xullo de 2016
    b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos ata o 8 de agosto de 2016

    Para máis información, consulta o DOG do 8 de xuño, ou visita as páxinas web dos Centros Residencias Docentes (CRD):

    Guía ORIENTAPAS de Estudios Superiores

    Os compañeiros e compañeiras do blog Orientapas, dos que tanto aprendemos día a día, acaban de publicar unha entrada cunha interesante Guía de Estudios: Guía Orientapas de Estudios Superiores 2016.  Inclúe información sobre Graos Universitarios, Ciclos Formativos de Grao Superior, Ensinanzas de Réxime Especial.

    Aquí vos deixo a presentación que fixeron, que nestes momentos de toma de decisións, pode ser de moita utilidade: 



    miércoles, 1 de junio de 2016

    ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA ALUMNADO DE 3º ESO

    Esta semana demos comezo á orientación académica e profesional para o alumnado de 3º ESO, cheos de incertezas e preocupados por un futuro plagado de lagoas lexislativas que a administración non cubre.

    Preparamos unha presentación cos aspectos básicos da organización de 4º de ESO a nivel xeral e tamén a nivel particular do noso centro: seccións bilingües, itinerarios,...Presentáronselle ao alumnado os itinerarios que o centro propón para 4º de ESO, para o vindeiro curso 2016-17.  Un montón de "pero como?", "non pode ser!".  E un montón de dúbidas sobre materias novas que aparecen no organización de 4º de ESO.







    Por iso, e para facilitarlles a toma de decisións ao alumnado, déixo enlaces a algunhas das materias que conforman os itinerarios, sobre todo as troncais e as de opción que aparecen novas na LOMCE:

    ARTES ESCÉNICAS E DANZA

    CIENCIAS APLICADAS Á ACTIVIDADE PROFESIONAL

    CULTURA CIENTÍFICA

    ECONOMÍA 4º ESO

    FILOSOFÍA 4º ESO

    INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRENDEDORA E  EMPRESARIAL


    LATÍN 4º ESO


    TECNOLOXÍA 4º ESO


    Ademáis, poden consultarse todas as materias da LOMCE, clikando aquí.