lunes, 27 de junio de 2016

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Ata o 5 de xullo ás 13:00 h. está aberto o prazo para solicitar ciclos de Formación Profesional, tanto no réxime ordinario como réxime de adultos.


Algúns aspectos importantes deste proceso:


  • A solicitude hai que cubrila online: ciclos admisión.  Logo de cubrila, hai que imprila, asinala e entregala en calquera centro que imparta ensinanzas de formación profesional, xunto coa documentación requerida en cada caso.
  • Só se pode cubrir unha solicitude por réxime e grao; é dicir, unha solicitude para ciclos de grao medio en réxime ordinario, outra solicitude para ciclos de grao medio en réxime de adultos, outra solicitude para ciclos de grao superior en réxime ordinario...
  • En cada solicitude cubriremos por orde de preferencia os ciclos que queiramos cursar, tendo coidado en sinalar ben o código do ciclo e do centro onde se imparte.  Para iso podemos consultar a oferta neste enlace.
  • Debemos estar atentos ás datas que veñen sinaladas no calendario do proceso de admisión, lembrando que o día 19 de xullo, publícase a 1ª listaxe de ciclos adxudicados e que, si apareces nesa listaxe, deberás matricularte entre o 19 e o 26 de xullo, no instituto onde se imparte o ciclo adxudicado.  En caso de non matricularte, quedarás fora completamente do proceso de admisión.

Se ten calquera dúbida, pregunta no  
Departamento de Orientación do teu centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario