domingo, 25 de septiembre de 2016

26 de SETEMBRO: DÍA EUROPEO DAS LINGUAS



Fonte: Consello Europeo


Por iniciativa do Consello Europeo en Strasburgo, vense celebrando, dende o ano 2001, o Día Europeo das Linguas, cada 26 de setembro.

Na páxina web do Día Europeo das Linguas, poderedes atopar numerosas actividades para conmemorar este día, propostas para traballar a competencia lingüística en moitas linguas da Unión Europea, un pouco de teoría sobre as linguas europeas,....
















MATERIAIS EDUCATIVOS DE UNICEF PARA O CURSO 2016-17

Pasaporte de Humanidade: os dereitos das nenos e nenas migrantes e refuxiados, unha proposta desde un enfoque educativo, unha guía para docentes que queiran traballar a problemática dos nenos e nenas refuxiados e migrantes; con propostas diferenciadas para educación infantil, educación primaria e educación secundaria.


Clika na imaxe para acceder ao material.

miércoles, 21 de septiembre de 2016

ORIENTACIÓNS PARA A ATENCIÓN AO ALUMNADO CON DISLEXIA

No blog da compañeira Natalia Longo, orientacioncondesa, recóllese unha Guía para el éxito escolar del alumnado con dislexia, publicada por la Consejería de Educación y Universidades de la Región de Murcia.
Interesante aproximación teórica e orientacións para o profesorado e familias.



Para acceder á Guía, pincha aquí

domingo, 11 de septiembre de 2016

DISCAPACIDADE VISUAL

Déixovos un enlace con documentos relativos á discapacidade visual e a atención a este alumnado nas aulas.  Moitos deles elaborados pola ONCE. Iremos actualizando o contido.

DEFICIENCIA VISUAL

lunes, 5 de septiembre de 2016

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO QUE CURSA ESTUDIOS POSTOBRIGATORIOS NO CURSO 2016-17

Ata o 3 de outubro do 2016, permanecerá aberto o prazo para solicitar bolsas e axudas para estudios postobrigatorios, para o curso 2016-17, convocadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Os estudios incluídos na convocatoria son, entre outros:


  • Bacharelato
  • Formación Profesional
  • Ensinanzas Artísticas
  • Ensinanzas Deportivas
  • Estudios de idiomas nas Escolas Oficiais de Idiomas
  • Formación Profesional Básica
  • Ensinanzas Universitarias

Os requisitos para conceder a bolsa ou axuda, son tanto de carácter económico como académico.
Podes consultar o BOE do 13 de agosto do 2016, para obter unha información máis detallada destes requisitos, a cuantía que se che pode conceder,...

Tamén podes acceder á web que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ten habilitada para todo o relativo ás becas 2016-17; alí atoparás información, simulador da cuantía que che corresponde,...

A solicitude debe facerse online a través da páxina do Ministerio de Educación; non hai que imprimila, nin aportar documentación, excepto en casos moi específicos.

PRAZO EXTRAORDINARIO DE ADMISIÓN EN CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Do 1 ao 9 de setembro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para os ciclos de Formación Profesional, tanto de Grao Medio como de Grao Superior.



Podes consultar aquí as prazas disponibles nos diferentes ciclos  e modalidades.

Tamén podes consultar todo o calendario do proceso de admisión para a convocatoria extraordinaria de setembro.

sábado, 3 de septiembre de 2016

CONVOCATORIA DE BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO




No BOE do 6-08-2016 veñen de convocarse becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo  (Resolución  do 27 de xullo de 2016 da Secretaria de Estado de Educación)

Os requisitos son:
.- de carácter económico
.- de carácter pedagóxico: acreditar a necesidade específica de apoio educativo, de acordo co recollido nas bases da convocatoria.



Prazo de solicitude aberto ata o 29 de setembro.