miércoles, 30 de noviembre de 2016

1 de DECEMBRO: 
Día Internacional da Acción contra o SIDA.


O día 1 de decembro de 1981 diagnosticouse o 1º caso de SIDA,  por iso que se escolleu esta data para concienciar sobre esta enfermidade e a súa prevención, principal ferramenta para loitar contra a enfermidade, xa que de momento non hai tratamento de cura definitiva.

Segundo o Ministerio de Sanidade, hoxe 17 millóns de persoas están en tratamento por VIH.


O SIDA, Sindrome de Inmunodeficiencia Adquirida, é unha enfermidade infecciosa que se transmite por vía sexual, a través do sangue ou da nai ao feto. O virus, VIH, fai diminuir as defensas naturais do organismo ata que desaparecen, o que fai ás persoas infectadas moi vulnerables a calquera infección.  Na linguaxe médica, un persoa seropositiva é unha persoa infectada co virus VIH.  Esta infección e as súas consecuencias no organismo é o que se coñece como SIDA.


COMO PREVIR A INFECCIÓN polo Virus de InmunoDeficiencia Adquirida?


  • Usar preservativo nas relacións sexuais con penetración.
  • Si consumes drogas ou outras sustancias: utiliza material estéril e non compartas xeringas
Este ano, a campaña ten como lema: Levantemos as máns pola prevención VIH, diríxese fundamentalmente á prevención do VIH e como afecta a determinados grupos, como os adolescentes e mulleres xoves, as poboacións chave e as persoas que viven co VIH.








No hay comentarios:

Publicar un comentario