jueves, 24 de noviembre de 2016

25 N: Día Mundial pola Eliminación da Violencia Contra á Muller

Cada vez é mais necesario que nos centros educativos adiquemos un espazo para traballar a Violencia de Xénero.  O aumento de casos de violencia de xénero en adolescentes é alarmante; segundo unha Macroenquisa española de violencia contra a muller levada a cabo polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, no ano 2015, o 21 % das mulleres menores de 25 anos que tiveron parella foron vítimas de violencia de xénero, fronte ao 9% das mulleres en xeral.

Por iso, como cada ano por estas datas, propoño un material para traballar en titoría, do colectivo SARAIBA.  Nesta ocasión está subido á Aula Virtual do centro.  Si clikades na imaxe, poderedes acceder o curso da Aula Virtual co material que se propón.



Fonte: Saraiba

Tamén vos deixo o enlace a un artigo de lamarea.com, publicado o 12 de febreiro de 2016, que alude a un estudo cualitativo da socióloga Carmén Ruíz Repullo e impulsado polo Instituto Andaluza de la Mujer que mostra como a "maioría das vítimas adolescentes sofre violencia sexual, camuflada polo falso consentimento e condicionada polo modelo sexual imperante"


016: Atención a Vítimas de Malos Tratos

No hay comentarios:

Publicar un comentario