martes, 27 de diciembre de 2016

Informe sobre o uso de dispositivos móbiles entre menores españois


Segundo a entrada publicada en chaval.es vense de presentar o novo informe Net Children Go Mobile, no que se confirma que os nosos menores inicianse en internet a idades cada vez mais temperás.

Este informe é a versión para España do informe "Net Children Go Mobile: riestos y oportunidades"  ("Net Children Go Mobile: risks and opportunities, 2014). 

 Presenta os datos dunha enquisa a 500 menores españois usuarios e usuarias de internet de entre 9 e 16 anos e aos seus proxenitores.  Aos pais e nais preguntóuselles sobre o seu uso de internet e de dispositivos móbiles e as súas estratexias de mediación, así como cuestións sociodemográficas e de estatus socioeconómico  (ESE).  O traballo de campo levouse a cabo entre abril e xuño de 2015.


Un interesante estudio para ler con detenimento; daranos pistas para seguir educando no uso responsable da rede.  A escola non pode darlle as costas a esta nova realidade social, xa que o estudio pon de manifesto a brecha xeneracional entre pais e fillos no uso dos smartphones, o que afecta enormemente á educación dos nosos menores.  Neste tema é precisa tamén a implicación das familias.  A escola sola non pode.  Outra vez a colaboración familia - escola é fundamental.

O propio informe recolle que dentro do marco da EU Kids Online2, a mediación parental do uso que os e as menores fan de internet artéllase en cinco tipos (Livingstone et al., 20011):


  • Co-uso e mediación activa do uso de internet: implica que os pais e nais falan cos e coas menores do que fan online, compartindo as súas actividades e sentándose xunto a eles mentres navegan.
  • Mediación activa da seguridade en internet: os pais e nais promoven usos seguros de internet dando consellos relacionados cos riscos e axudando aos menores cando teñen problemas.
  • Mediación restrictiva: os pais e nais poñen regras que limitan o uso dos media (en función do tempo ou as actividades)
  • Monitorización: os proxenitores comproban os rexistros dispoñibles do uso realizado polo menor.
  • Restricións técnicas: implican o uso de software co gallo de filtrar, restrinxir ou monitorizar o uso de internet que fai o ou a menor.




No hay comentarios:

Publicar un comentario