domingo, 11 de diciembre de 2016

O BOE publica o RD que regula a non realización das reválidas.

O BOE do sábado, 10 de decembro de 2016, ven de publicar o Real Decreto-ley 5/2016 que regula a non aplicación do calendario de implantación da LOMCE, no relativo ás reválidas de Primaria, Secundaria e Bacharelato.

En concreto, este RD, respecto das reválidas,  indica o seguinte:

REVÁLIDAS DE PRIMARIA:  limítase a 6º de Primaria, terá carácter muestral e finalidade diagnóstica.

REVÁLIDA DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA: terá carácter muestral  (unha selección de centros), terá finalidade diagnóstica e non condicionará a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

.- Avaliaranse as competencias lingüística, matemática e social e cívica, tomando como referencia as materias xerais do bloque de troncais de 4º de ESO.

.- O título de Graduado en ESO, dará acceso a calquera ensinanza postobrigatoria.

REVÁLIDA DE BACHARELATO:  Só terá que realizala o alumnado que desexe acceder á universidade.

.- Non terá efecto ningún sobre o título de Bacharel.

.- Versará sobre o bloque de materias troncais de 2º de bacharelato.  

.- A cualificación para o acceso á universidade será o 60% da cualificación do bacharelato e o 40% da cualificación obtida na reválida; sempre e cando esta media ponderada sexa igual ou superior a 5, o alumno poderá concorrer aos procesos de admisión de calquera universidade española.

.- O alumnado poderá subir a nota examinándose de 2 das materias de opción de 2º de bacharelato.


Este Real Decreto recolle outros aspectos dos que iremos dando conta en sucesivas entradas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario