lunes, 18 de diciembre de 2017

Ti controlas en internet

A Axencia Española de Protección de Datos, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ven de presentar uns materiais destinados a fomentar a privacidade e a protección de datos, especialmente na rede.
Estes materiais inclúen unha Guía para Centros Educativos, unha serie de vídeos, Tu controlas en internet, e uns obradoiros para familias, Los menores y su cibermundo.


Clika na imaxe para acceder á Guía Protección de Datos en Centros Educativos

A Guía inclúe  respostas directas a máis de 80 preguntas, conceptos básicos e principios da protección de datos nos centros educativos.  Polo tanto, unha ferramenta moi útil para o traballo dos orientadores que nos enfrontamos a diario con moitas dúbidas ao respecto da licitude de moitas das nosas actuacións.



Clika na imaxe para acceder aos vídeos da campaña

martes, 28 de noviembre de 2017

IDENTIDADE DIXITAL

A Consellería de Educación ven de publicar  GUÍA DE IDENTIDADE DIXITAL, unha web na que participan case vinte profesionais de recoñecido prestixio, no ámbito da orientación educativa, das TIC, da comunicación...

Enmarcada dentro da Estratexia Galega de Convivencia (2015-2020), nesta web abórdanse as dúbidas máis comúns que, tanto familias como profesorado e mesmo o alumnado, ten ao respecto de cuestións relativas á xestión da súa identidade dixital.

Nestas pílulas de vídeo dase resposta a máis de 50 preguntas, con rigor pero cunha linguaxe clara e cercana.

Tamén podes descargar a guía de referencia, clikando na imaxe



jueves, 16 de noviembre de 2017

IKIGAI, a importancia de buscar a razón de ser

No blog OrienTapas, recóllese unha reseña de Pilar Pérez Esteve, que recomenda un artigo da psicóloga Jennifer Delgado sobre o IKIGAI, un concepto japonés que ten que ver coa "razón de ser".

Comparto con Pilar Pérez Esteve o noso papel para acompañar ao alumnado na busca do seu IKIGAI. Axudarlles a facerse as preguntas axeitadas, a ver na direción correcta, a mirarse con valentía, saír da súa zona de confort e mirar o futuro con valentía.


Fonte da imaxe:  Rincón de Psicología
Trátase dunha traducción.  O orixinal en inglés para ser este:   Toronto Star Graphic







martes, 14 de noviembre de 2017

Vídeoclip reivindicativo, SON MULLER, dun grupo de alumnas de 3º ESO


Gústanos facernos eco dun vídeoclip de 8 alumnas de 3º de ESO, Máis boas cas patacas,  do IES de Cacheiras, que ven de gañar o 1º Premio na categoría Xuvenil de II Certame da Deputación de A Coruña, Quero Cantar.

Esta canción reivindicativa da condición de ser muller é máis gratificante cando ven da mán de rapazas tan novas, pero con tanta forza.




Fonte: Youtube. Licencia Creative Commons CC BY


domingo, 12 de noviembre de 2017

25N: Día contra a violencia machista



Un ano máis debemos conmemorar o 25 de Novembro como o Día Mundial Contra a Violencia de Xénero.  Un ano máis se segue facendo necesario loitar contra esta lacra que nos debe avergoñar como sociedade.  Ademáis, como educadores debemos promover a toma de conciencia sobre este problema que afectan cada vez máis ás e aos adolescentes.

No que vai de ano, e segundo a Secretaría de Estado de Igualdade, 44 mulleres morreron a máns das súas parellas  (estatísticas oficiais ata o 10 de novembro de 2017).  Por outra banda, segundo o "Estudio de Percepción da Violencia de Xénero entre a adolescencia e xuventude"  (Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, 2015), aínda que a nosa xuventude, nun 96% entre as mulleres e un 92% entre os homes, considera inaceptable a violencia de xénero, non todas as formas de violencia de xénero son rexeitadas por igual, nin todos os comportamentos que constitúen maltrato son identificados como tales.  A violencia de control está esaxerademente presente nas mulleres entre 16 e 19 anos.



É por iso que unha ano mais, dende as titorías imos traballar a para avanzar na toma de conciencia de que comportamentos son violencia machista, e que podemos facer cando  nos vemos inmersos nunha relación tóxica e violenta.

Así, para o traballo en titoría dende 1º a 3º ESO, imos traballar cos materiais da Campaña da Secretaria de Estado de Igualdade, Hay Salida.  Propoñemos a visualización da curta, incluída na campaña, Contraseña.  




Para 4º de ESO,  propoñemos traballar co violéntómetro, un recurso da Asociación Ilicitana contra a Violencia de Xénero, que preside Marina Marroquí, despois de visualizar unha parte da entrevista que lle fixo Jordia Évole, no programa Salvados, á propia Marina Marroquí.


Todo o material para traballar en titorías, está disponible na Aula Virtual do IES Monte Carrasco / Departamento de Orientación / Acción Titorial





Ademais, o centro vai participar nos actos que organiza o Concello de Cangas, dentro da Campaña Cangas en Negro.  Neste sentido, o centro ven de sumarse á Campaña En Negro contra As ViolenciasUnha campaña para visibilizar e rexeitar calquera tipo de violencia contra as mulleres. que iniciou o Concello de Santiago de Compostela no ano 2015, á que xa se levan sumado 47 concellos e numerosas institucións, empresas, comercios,...


Outras campañas que vos poden interesar:


               



















domingo, 1 de octubre de 2017

FAMILIAS QUE WASAPEAN EN PAZ

FAMILIAS QUE WASAPEAN EN PAZ  é unha iniciativa da Delegación Territorial de Educación en Granada, a través do Gabinete de Asesoramento en Convivencia e Igualdade, en coordinación coa área de apoio á Acción Titorial e Convivencia do Equipo Técnico Provincial de Orientación Educativa e Profesional da provincia de Granada.

É unha iniciativa que persegue mellorar a convivencia e a participación familiar nos centros, recomendando un uso adecuado dos grupos de Whatsapp nos que participan as familias do noso alumnado.

Como estamos ao inicio de curso e faremos xutanzas coas familias para presentarlles, comparto este recurso por si pode ser de utilidade para evitar situacións que dificulten a convivencia nos nosos centros.


miércoles, 6 de septiembre de 2017

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2017-18


Despois dun verán reparador, iniciamos un novo curso, pechando aínda o anterior.  Por iso deixo unha información que pode ser de utilidade para o alumnado de 4º ESO que acadou o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria na convocatoria de setembro:


⤷Se queres cursar Bacharelato debes dirixirte, coa documentación que che entregamos na Secretaria, ao instituto de Bacharelato onde fixeras a reserva de praza, para matricularte.
 
⤷Se queres cursar un Ciclo Formativo de Grao Medio, debes cubrir a solicitude no asistente web https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/, imprimila, asinala e entregala por duplicado en calquera instituto onde se impartan ensinanzas de FP. A solicitude non será válida se non a entregas nun instituto.  Só poderás entregar unha solicitude onde poderás cubrir 5 peticións de centro e ciclo.

      Os prazos do proceso de admisión son os seguintes:

* Entrega de solicitudes de admisión: ata o 8 de setembro ás 13:00 h.
* Adxudicación de prazas: 20 de setembro
* Matrícula no centro adxudicado: do 20 ao 22 de setembro
 
⤷Bolsas e axudas ao estudio: lembra que se continuas estudando en ensinanzas postobrigatorias tes dereito a solicitar unha bolsa do Ministerio de Educación. Debes facelo online: http://www.mecd.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2017-2018/estudios-no-universitarios.html.

      O prazo de solicitude remata o 3 de outubro de 2017.








lunes, 26 de junio de 2017

Solicitude de praza na Formación Profesional

Dende hoxe, luns 26 de xuño e ata o martes, 4 de xuño (as 13:00 h.) está aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión en todos os ciclos de Formación Profesional, en todos os réximes e modalidades.
Non están incluidos neste prazo os ciclos da Formación Profesional Básica, que teñen a súa propia regulación e prazos distintos  (normalmente a principios do mes de setembro)

A solicitude cubrirase mediante o asistente informático vía web.  Haberá que imprimir o impreso de solicitude, unha vez cuberto, que terá que ser entregado en calquera centro educativo de Galicia con oferta de ciclos de fp.  Este impreso deberá ser entregado no prazo sinalado arriba  (antes das 13:00 h. do día 4 de xullo); sen a entrega nun centro educativo do impreso de solicitude, esta non terá validez.

Instrucións sobre como realizar a solicitude vía web

Instrucións xerais do proceso de admisión

Neste enlace atoparás toda a información sobre o proceso de admisión


Consulta aquí a oferta da fp en Galicia, en todos o réximes e modalidades, por familia profesional ou por provincia e concello.

jueves, 15 de junio de 2017

Aloxamento en Residencias Xuvenís durante o curso 2107-18

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís. Como é habitual as ditas instalacións póñense a disposición dos mozos/as estudantes, reservando un 9% das prazas para a mocidade traballadora e  resérvase tamén un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.
As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos.
Convocatoria para o curso académico 2017/18: 220 prazas, nas seguintes Residencias:
LUGO: Centro Residencial Xuvenil "LUG"
OURENSE:  Florentino L. Cuevillas
VIGO: Altamar

prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 13 de xullo de 2017.
As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da xunta https://sede.xunta.es, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.
Requisitos:
- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
- Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante.
-Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2017.
A mocidade estudante, ademais:
- Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato,  estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
- Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima esixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.
A mocidade traballadora tamén deberán cumprir os seguintes:
- Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
- No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.
Prezo: 
a) Habitación dobre: 324 € por residente e mes. 
b) Habitación cuádrupla: 250 € por residente e mes.
Período de estadía:
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e o 31 de xullo de 2018. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no que estiveran matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e en todo caso concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.
En calquera caso as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.
Máis información no DOG do 13 de xuño de 2017

Fonte:  www.xuventude.xunta.es

ADMISIÓN EN CICLOS FORMATIVOS DE FP PARA CO CURSO 2107-18

A Consellería de Educación ven de publicar o calendario do proceso de admisión nos ciclos de FP para o curso 2107-18:





Hai que lembrar que os requisitos de acceso a calquera dos réximes e modalidades han de cumprirse no momento de realizar a solicitude.

Máis información en www. edu.xunta.es/fp



O Ministerio de Educación convoca colonias de verán para fomentar a inmersión lingüística en inglés para alumnado de 1º e 2º ESO

O Ministerio de Educación convoca 1000 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas durante o mes de xullo de 2017 nalgunha localidade de España, para alumnos de 1º e 2º da ESO.
Requisitos:
a. Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2016/2017.
b. Obter, como mínimo, notable como nota media do curso 2015/2016.
c. Obter, como mínimo, notable como nota final na materia de inglés no curso 2015/2016.
d. Non ser beneficiario da axuda en convocatorias anteriores.
Estas axudas distribúense en dous grupos:
Primeira quenda para alumnos de 1º da ESO: do 30 de xullo ao 13 de agosto de 2017:
. Grupo I: 300 axudas de ata 476 €.
. Grupo II: 200 axudas de ata 326 €.
Segunda quenda para alumnos de 2º da ESO: do 13 ao 27 de agosto de 2017:
. Grupo I: 300 axudas de ata 476 €.
. Grupo II: 200 axudas de ata 326 €.
GRUPO I
Os solicitantes que a data 31 de decembro de 2016 se encontren nalgunha das seguintes circunstancias, integrarán o denominado Grupo I:
a) Orfandade absoluta do solicitante.
b) Pertencer a familias nas que algún membro estea afectado de minusvalía legalmente cualificada (en grao superior ao 65% para pai/nai/irmáns do solicitante e superior ao 33% no caso de que a padeza o propio solicitante).
c) Pertencer a familias nas que o pai, nai ou titor legal encóntrese en situación de desemprego ou teña recoñecida a incapacidade permanente absoluta.
d) Pertencer a familia numerosa.
e) Pertencer a familia monoparental.
GRUPO II
Os solicitantes que, reunindo os requisitos xerais, non se encontren en ningunha das circunstancias anteriores formarán parte do denominado Grupo II.
As familias se comprometen a
. Trasladar ao seu fillo/a ao lugar onde se desenvolva a colonia e recollelo alí para levalo ao seu domicilio
. Abonar á empresa adxudicataria da organización das colonias:
    - 50€ no caso de que pertenzan ao Grupo I
    - 200 € no caso de que pertenzan ao Grupo II
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de xuño de 2017.
Máis información no BOE do 8 de xuño de 2017 e en http://www.educacion.es


Fonte:  www.xuventude.xunta.es

miércoles, 14 de junio de 2017

PROBAS PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS

CONVÓCANSE PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DE GRAO MEDIO: Requisitos:
.- Para o acceso ao ciclo inicial do grao medio (ou 1º nivel): Título de ESO ou equivalente.

    .- Para o alumnado que non dispoña do título da ESO e teña 17 anos ou máis, poderá presentarse a unha proba de madurez.

.- En ambos casos, o alumnado deberá presentarse ademais a unha proba específica ou acreditar méritos deportivos.

.- Consultar outras probas superadas que son equivalentes á proba de madurez

ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DE GRAO SUPERIOR: Requisitos:

Dispoñer do título de técnico deportivo na modalidade deportiva correspondente, superar unha proba específica acreditar méritos deportivos e experiencia, ademais:

       .- Título de Bacharelato ou Título de Técnico Superior ou Título universitario
.- Si non se está en posesión dalgunha das titulacións anteriores, poderase superar unha proba de madurez, sempre que se teñan 19 anos ou máis.
.- Consultar outras probas superadas que son equivalentes á proba de madurez.


PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS:  Do 15 de xuño ao 7 de xullo, na Secretaría do seguintes centros:


Deberán realizarse as inscricións para a proba de acceso no IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela), os que desexen cursar as especialidades de Hípica e Vela no CAD Santa Apolonia. 

Deberán realizarse as inscricións no IES Val do Tea (Ponteareas-Pontevedra), os que desexen cursar a especialidade de Hípica no CAD International School Cemar  (Mondariz-Pontevedra)



martes, 13 de junio de 2017

Que estudiar en Galicia?

A web xuventude.net da Dirección Xeral de Xuventude fai unha recopilación dos estudios postobrigatorios que podemos cursar en Galicia  (excepto o Bacharelato).  Como é unha boa recopilación recollemos aquí o enlace, clika na imaxe para acceder.



viernes, 9 de junio de 2017

Prazas nos Centros Residencias Docentes para o curso 2107-18

  CONVOCADAS PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES DE A CORUÑA, OURENSE E VIGO PARA O CURSO 2107-18

No Diario Oficial de Galicia de hoxe, venres 9 de xuño de 2107, vense de publicar a Orde do 31 de maio de 2017 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes de A Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudios postobrigatorios non univeristarios no curso 2017-18






Pode solicitar praza aqauel alumnado que inicie ou continue estudios postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipiais de A Coruña, Culleredo, Ourense ou Vigo.

Teranse en conta criterios de residencia habitual do alumno/a, académicos, económicos e outras circunstancias persoais para adxudicar prazas gratuítas ou bonificadas.

Prazo de solicitude: 


  • Para o alumnado de bacharelato, ata o 15 de xullo
  • Para o alumnado de ciclos fomativos de formación profesional, ato o 8 de agosto.
  • Prazo extraordinario en setembro, de 15 ao 30 de setembro.

martes, 30 de mayo de 2017

Correspondentes Carrasco 3.0


Este xa é o 3º curso que un grupo de alumnas e alumnos  (os menos) do IES Monte Carrasco participan no programa Correspondentes Xuvenís ou Antenas Xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado  (Consellería de Política Social. Este curso que está rematando, decidimos incluírnos no Plan Proxecta da Consellería de Educación, un Plan que recolle todas as iniciativas de innovación educativa en colaboración con outras entidades e organismos.


Os Correspondentes Xuvenís do Carrasco son un grupo de alumnos e alumnas que funcionan en equipo como unha "antena informativa" no centro, responsabilizándose de recoller a información que se lles envíe desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e de difundila entre o resto da comunidade educativa do centro.  Tamén recollerán información doutros centros próximos, entidades deportivas e culturais,..., do contorno próximo.


Os correspondentes xuvenís do Carrasco son alumnos e alumnas de 3º ou 4º de ESO que, mediante unha formación previa e apoiados pola orientadora do centro, se encargan de informar aos demais compañeiros e compañeiras das convocatorias, recursos, actividades, accións,... que poidan ser do seu interese. Este curso, 13 alumnos e alumnas traballaron en 3 grupos: selección e tratamento da información para o panel informativo; contacto cos Delegados de clase; contacto con outros centros de Cangas e recollida de información de interese que se xera en Cangas.  Os 3 grupos foron rotando nas súas tarefas cada trimestre de xeito que todos e todas pasaron polos tres grupos ao longo do curso.

O grupo ten participado en actividades do centro así como nas propostas que fixo a Dirección Xeral de Xuventude: encontros no Albergue Xuvenil de Gandarío tanto no mes de febreiro como no mes de xuño; encontro de correspondentes xuvenís do Concello de Cangas, organizado pola Concellería de Mocidade; entrega de Diplomas aos Correspondentes no Concello de Cangas o día 19 de maio.

Aquí vos deixo unhas imaxes que mostran o traballo e as actividades nas que se participou:

Correspondentes Carrasco 2.0 2016-17

Correspondentes Carrasco 2.0 Encontros en Cangas

miércoles, 24 de mayo de 2017

Material para reflexionar sobre o sexting

A Xunta de Galicia en colaboración con Pantallas Amigas lanza unha campaña para axudar á mocidade a reflexionar antes de sextear: Decidiches facer sexting?  Decálogo para sextear con menos riscos.

Practicar sexting ou sextear é unha práctica moi extendida entre os xoves consistente no envío de imaxes íntimas de sí mesmo/a de forma voluntaria a través de internet: unha rede social ou un servizo de mensaxería.  Esta práctica, cada vez mais frecuente, leva en moitas ocasións aos que a practican a verse inmersos nunha situación non desexada: difusión da imaxe, vídeo... a persoas ás que ti non llas envíaches; chantaxe por parte das persoa/s que reciben a imaxe para que as sigas envíando (o que se denomina sextorsión); situacións de violencia de xénero...  

Esta campaña, a diferencia da lanzada no 2014, 10 razóns para non practicar sexting, non ten un carácter tan culpabilizador cara ás persoas que practican sexting ou pensaron en facelo;  trata de que os mozos e mozas reflexionen antes de practicar sexting e que si deciden facelo, teñan en conta unha serie de recomendacións para facelo o máis seguro posible.  Lástima que as imaxes que se usen na propria campaña, a meirande parte das veces, as persoas que envían imaxe íntima son mulleres e as persoas que as reciben son homes.  Sería desexable que se coidasen estes aspectos para non encasillar tanto aos mozos como ás mozas nos mesmos roles: a muller débil que se deixa enganar e o home buscando como enganar á muller para conseguir os seus favores sexuais. 


miércoles, 17 de mayo de 2017

Acceso ás Ensinanzas Artísticas para curso 2107-18


As Ensinanzas Artísticas, forman parte das ensinanzas especiais segundo a lexislación vixente (LOMCE).  

Comprende as seguintes ensinanzas:






Para acceder a estas ensinanzas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca cada ano unhas instrucións, onde se recolle os requisitos xerais, a necesidade ou non de proba específica...  Estes días véñense de publicar as seguintes instrucións:





Se che interesa acceder a algunha desta ensinanzas le con atención as instrucións; fíxate nos requisitos de acceso, probas, prazos para inscribirte...


Recursos para a prevención da Violencia de Xénero



Compartimos hoxe un recurso para traballar a prevención da violencia xénero entre adolescentes e xoves.  Trátase de 5 curtas e a guía didáctica correspondente para traballalas na aula.  

É un material elaborado dentro da Campaña Hay Salida a la violencia de género, do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.

Clika aquí para acceder ás 5 curtas cinematográficas da campaña.  

Aquí tes acceso á Guía Didáctica para traballar coas curtas na aula

Dentro da mesma campaña:

Folleto para entregarlle ao alumnado

Macroencuesta Violencia Contra la Mujer 2015

sábado, 13 de mayo de 2017

Cara onde vai o mercado laboral?

O portal InfoJobs publica no seu portal o informe do Estado do #MercadoLaboral en España, 2016, en colaboración con ESADE.

Cabe destacar as profesións emerxentes, que a publicación Cinco Días (13/05/2107), resume nun gráfico moi ilustrativo: 


Fonte: Belén Trincado, en Cinco Días, 13-05-2107

O informe sinala que hai 4 áreas concretas que destacaron como postos emerxentes no 2106:


  • Ciberseguridade
  • Robótica
  • User Experience
  • Agile/Scrum


As profesións que manteñen a súa tendencia á alza son:


  • Programador Front Back End
  • Programador para móbil
  • Desarrollador de Solución Big Data
  • Profesionais do Cloud Computing

martes, 25 de abril de 2017

Tonucci e as súas "cidades dos nenos e nenas"


A Deputación de Pontevedra celebra entre o 24 de abril e o 11 de xuño diferentes actividades en torno á figura de Francesco Tonucci e a súa filosofía sobre espazos públicos deseñados a medida das crianzas, "Cidades das nenas e dos nenos".
Unha destas actividades é a exposición "Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato", no Pazo da Cultura de Pontevedra. Co gallo da inauguración desta exposición, o venres 28 de abril, ás 17:30, poderemos disfrutar dunha conferencia deste pedagogo italiano, que todos recoñeceremos polo seu personaxe Frato.  
Frato é o personaxe escollido polo pedagogo e tamén dibuxante para difundir o seu pensamento educativo a través dos debuxos e das viñetas.
Desde logo é unha ocasión única de escoitar a Tonucci, disfrutar da súa teoría pedagóxica a través da exposición e compartila co noso alumnado.  Aquí vos deixo estes enlaces por se queredes saber mais deste programa que organiza a Deputación de Pontevedra:



miércoles, 19 de abril de 2017

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Dentro da Campaña Verán 2017, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta Campamentos de Verán en Galicia e noutras Comunidades Autónomas.

Requisitos dos participantes:

Poderán participar mozos e mozas entre 9 e 17 anos

Os nacidos no ano 2008 deberán ter os 9 anos cumpridos antes da data de inicio do campamento.
Os nacidos no ano 1999 non poderán cumprir os 18 anos, antes da finalización do campamento.






Prazo de solicitude:

Ata o 2 de maio de 2017


Toda información sobre esta Campaña, clikando aquí: como solicitar, campamentos ofertados, datas, prezos,...

Importante:

Ao custo da praza en cada campamento, se lle poderán aplicar os seguintes descontos:

.- 25% os usuarios e as usuarias do Carné Xové
.- 50% aos membros de familia numerosa

Outra información relacionada que pode ser do teu interese:


  • Campos de traballo noutras Comunidades Autónomas e no estranxeiro



Podes consultar toda a información en xuventude.net









domingo, 2 de abril de 2017

Novos parámetros de ponderación das materias da fase voluntaria da ABAU

Despois do malestar e desconcerto creado pola publicación dos parámetros de ponderación das materias da fase voluntaria na Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade, a Comisión Interuniversitaria Galega e Consellería de Educación, chegaron a un acordo o pasado luns, 27 de marzo, para ampliar as materias que ponderan no acceso aos graos univeristarios do Sistema Universitario Galego.

Aquí vos deixo o enlace aos novos parámetros de ponderación




Dez formas de violencia de xénero dixital

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, PantallasAmigas e Twitter uníronse para concienciar e erradicar unha das formas de violencia de xénero máis común entre adolescentes, a violencia de xénero dixital que se dá a través do control e a limitación da vida dixital das mulleres.
A campaña, a través de dez imaxes animadas, centra o seu foco en mostrar como violencia de xénero accións que algúns mozos adolescentes realizan coas súas parellas ou exparellas.
A campaña incorpora o chío #HaySalida, lema promovido en anteriores accións pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, e o chío #fuerzaenmivoz, utilizado por Twitter na súa liña de actuación para fornecer a voz das mulleres na internet a través do diálogo coa comunidade, a difusión das ferramentas e regras da plataforma e o desenvolvemento de iniciativas conxuntas coa sociedade civil.


sábado, 25 de marzo de 2017

Preocupación pola Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU)

Quero sumarme á crítica / preocupación  manifestada pola compañeira Monica Diz no seu blog, ante a publicación de documentos (que aínda non foron publicados no DOG) relativos á nova proba para o acceso á universidade, tanto na web da propia Consellería de Educación, web da Comisión Interuniversitaria Galega como na prensa escrita.

A confusión entre a comunidade educativa é máxima e, o peor de todo, é que a estas alturas do curso, finais de marzo, non está claro como vai ser esa proba, nin como van ponderar as materias da parte voluntaria. Tampouco está moi claro como poden examinarse para mellorar a súa nota de admisión o alumnado con bacharelato aprobado en cursos anteriores ou con PAAU superada en cursos anteriores.

Así que gracias a Monica Diz por expresar tan ben o que moitos outros orientadores e orientadoras pensamos.

Mentras a administración segue sen aclararse e os mais perxudicados, o alumnado.

Para xulgar por vós mesmas, podedes consultar os documentos que ven publicando a Comisión Interuniversitaria Galega na súa páxian web:

Fonte: http://ciug.gal/(Pendente de publicar no DOG)



Consulta aquí os  PARÁMETROS DE PONDERACIÓN.

Matrícula libre para exames nas Escolas Oficias de Idiomas

A Consellería de Educación abre a matrícula en modalidade libre das probas para certificar a competencia nas linguas que ofrecen as Escolas Oficiais de Idiomas


Requisitos:
Ter 16 anos cumplidos no ano natural de celebración das probas, ou 14 anos se opta a un idioma diferente da primeira lingua estranxeira na ESO
Non será posible obter o certificado dun nivel equivalente a outro xa cursado no anterior plan de estudos de EOI
Non será necesario superar o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un superior, agás no caso do nivel C1 de inglés, francés, portugués ou de galego, no que se deberán posuír o certificado do nivel avanzado ou o antigo de aptitude nesta lingua expedido por unha EOI ou no caso do idioma inglés o certificado acreditativo da validación do Certificate of Proficiency emitido polo MEC, e aboar os prezos públicos correspondentes
Non estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial e libre simultaneamente
O alumnado que xa realizou estudos nunha EOI en cursos anteriores e desexe matricularse polo réxime libre noutra escola en 2016-2017 deberá indicalo e achegar a certificación académica da escola da que procede.
Non hai límite de convocatorias en modalidade libre
A modalidade libre só permite un único exame en xuño
O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de abril ás 12.00 h
A matrícula farase en https://www.informaticacentros.com/xunta

miércoles, 15 de marzo de 2017

Unha fan moi especial

Na entrada de hoxe é para compartir o vídeo que recolle como Iris, unha exalumna  (foi alumna do noso centro ata o curso pasado), cumple o seu soño de coñecer ao seu ídolo, Abraham Mateo.

Ter soños, expresalos en voz alta  (no centro damos fe de que Iris era unha apaisoada de Abraham Mateo e que soñaba con coñecelo, como dí a súa nai na entrevista)...

...ás veces, os soños fanse realidade.





Xornadas Educativas no Concello de Cangas




lunes, 13 de marzo de 2017

INSCRICIÓN PARA AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Do 13 ao 23 de marzo, está aberto o prazo para inscribirse nas probas de acceso a Ciclos de Grao Medio.  A inscrición pode realizarse en calquera instituto que se impartan estudios de Formación Profesional.  Modelo de solicitude de inscrición.



Lembra que estas probas teñen por obxecto permitir que as persoas que non cumpren as condicións para o acceso directo aos Ciclos Formativos de Grao Medio, poidan acceder a eles.

Os requisitos que han de reunirse é non estar en condicións de acceder directamente aos ciclos de Grao Medio e cumprir 17 anos ao longo do ano 2107.

Aquí vos deixo unha presentación na que se abordan os aspectos principais da proba.






Accede aquí á convocatoria das probas (DOG 5/01/2017)

martes, 7 de marzo de 2017

8 de marzo: Día Internacional da Muller





O 8 de marzo de 1908, cento vintenove mulleres traballadoras da empresa téxtil “Cotton” de Nova Iorque declaráronse en folga  e ocuparon as fábricas reclamando mellores condicións de traballo.  A patronal  actuou duramente e chamou á policía para que as fixese saír.  Como elas se negaron a abandonar o edificio, botaron no seu interior bombas incendiarias, queimando ás 129 mulleres.

Pouco despois, en 1910, declarouse o 8 de marzo o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, en lembranza das mulleres mortas en Nova Iorque.

Dende o Departamento de Orientación, faise unha proposta de traballo nas titorías para promover a sensibilización e toma de conciencia da discriminación que sofren as mulleres tanto no eido do traballo doméstico como no eido laboral.  Ao mesmo tempo que iniciamos o traballo sobre a orientación académica e profesional, no aspecto de coñecemento do mundo laboral e as profesións.

As propostas están aloxadas na Aula Virtual do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecarrascocangas/aulavirtual2/course/view.php?id=113

Tamén vos achego o cartel coa programación do Centro de Información á Muller do Concello de Cangas, conmemorando este día.