miércoles, 11 de enero de 2017

Charla sobre ciberviolencia de xénero e sexual na adolescencia

Dentro do Plan de Acción Titorial para o curso 2016-17, ocupa un lugar destacado o traballo contra a violencia de xénero.

Unha das actividades que organiza o centro, a través do Departamento de Orientación, é unha charla a cargo da Asociación Pantallas Amigas, a proposta do Centro de Información á Muller do Concello de Cangas.

A charla impartirase para os dous grupos de 1º de ESO, o xoves 12 de xaneiro; abordarase esta problemática dende o punto de vista da violencia que se exerce utilizando o contexto dixital como soporte.



Ao mesmo tempo, impartirase unha charla para as familias, o mesmo xoves 12, ás 6 da tarde no Salón de Plenos do Concello de Cangas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario