martes, 17 de enero de 2017

Charlas do programa Ktorce18 para 2º, 3º e 4º ESO

Continuando co traballo de fomento do bo uso das redes sociais e de prevención de condutas de risco na rede, un ano mais contamos coa Asociación Arela que nos achega o seu programa Ktorce18.

Este curso, as charlas van dirixidas ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO.  Para cada un dos niveis a Asociación imparte unha charla de dúas sesións (dúas clases).   Este luns, 16 de xaneiro, xa participou o alumnado de 2º.  O vindeiro luns 23, tócalle o turno ao alumnado de 3º e 4º.

O obxectivo das charlas é previr as condutas infractoras mais salientables nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais, o maltrato familiar..., explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nestas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario